Recordade que a EOI de Vigo dispón dun servizo de mensaxería
instantánea chamado TOKAPP SCHOOL para comunicacións co alumnado.
Descargue a aplicación Tokapp School gratuitamente ao seu teléfono smartphone.
Unha vez descargada recibirá unha mensaxe no seu móbil. No caso de non recibilio debe poñerse en contacto coa secretaría da EOI a través do correo electrónico eoi.vigo.tokappschool@gmail.com,
chamando ao teléfono 986260261 / 986260210 ou ben achegándose á
administración en horario de oficina. Deben indicarnos o seu nome, o
nome de usuario de tokapp e o número de teléfono móbil onde descargaron a
aplicación.
Importante:
as comunicacións serán enviadas ao número de móbil que vostede
proporcionou ao facer a matrícula na EOI de Vigo. Se ten dúbidas, chame á
secretaría.
Solicitamos a colaboración do alumnado divulgando esta mensaxe entre o resto de compañeiros/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario