Animádevos
a celebrar o Nadal participando na VII edición
do noso tradicional pub quiz, o mércores
21 de decembro ás 18:00h no Hotel Airiños.
Apuntádevos
por equipos nas táboas que podedes atopar no taboleiro do IES de
Rodeira, con compañeir@s de distintos cursos e idiomas
(inglés-francés) para formar equipos o máis heteroxéneos posible.
Recordade
que no caso do alumnado menor de idade tedes que entregar a
autorización asinada pola vosa familia para poder participar na
actividade. A vosa profesora vola proporcionará na clase.
Haberá
premio especial para os integrantes do equipo gañador e tamén
agasallos para os participantes, ademais de moi bo ambiente, música
e moita diversión!


No hay comentarios:
Publicar un comentario