viernes, 17 de diciembre de 2010

Christmas Party

(Pincha na imaxe para agrandala)

Festa de Nadal


O próximo mércores será o derradeiro día de clase e celebraremos a tradicional festa de Nadal. A partir das 18:30 poremos unha peli en inglés e outra en francés e despois, de 20:00 a 21:30 faremos un concurso de tortillas, pizzas e empanadas. Participade traendo as vosas especialidades coa receita e os ingredientes no idioma correspondente, ou se preferides, un postre ou algo de beber (sen alcol, of course). Apuntádevos no taboleiro da EOI.
Esperámosvos para despedir o ano e desexarvos felices festas.

jueves, 16 de diciembre de 2010

PUB QUIZ

Moitas grazas a tod@s os que participastes no 1º Pub Quiz da EOI de Cangas e moitas grazas tamén ó Pub Clover, ó Hotel Airiños e ó bar O Chalet polos agasallos.
Sentimos que o local quedase un pouco pequeno e non houbese sitio para estar máis cómodos e que algúns non puidesen quedar. Cando veña o bo tempo poderemos repetir e contar coa terraza.
Prometemos un similar de francés para despois das vacacións.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Ausencia de profesorado

A profesora Eva Álvarez (Intermedio 2) non poderá asistir a clase hoxe mércores.

viernes, 3 de diciembre de 2010

Viaxe a London


Reunión informativa sobre a viaxe a London o venres 17 de decembro ás 19:30 na aula de usos múltiples (planta baixa).

Irish Night



O xoves 16 de decembro ás 19:00 na sala de usos múltiples, Michael Robotham virá dar unha charla titulada "How Celtic is Galicia?".
Cando remate, a iso das 20:00, dirixirémonos ó pub Clover (na Avda de Ourense) para disfrutar dun Pub Quiz (xogo de preguntas e respostas por equipos).
Anotádevos para participar no taboleiro da EOI. A actividade rematará ás 21:30 aprox.
Animádevos a participar! Haberá grandes premios!

Ausencia de profesorado

A profesora Adelaida Urceira (Francés) non poderá asisitir a clase hoxe venres.