jueves, 17 de diciembre de 2015

Ausencia de profesorado

Hoxe xoves, 17 de decembro, non haberá clase coa profesora Adelaida Urceira (francés). Lamentamos as molestias.

viernes, 11 de diciembre de 2015

Horario de titoría francés


O horario de titoría coa profesora Adelaida Urceira (francés) é o seguinte:
  • Luns: 21:30-21:45
  • Martes: 18:30-18:45
  • Xoves: 18:15-18:30 
  • Venres: 19:00-19:15

lunes, 7 de diciembre de 2015

Pub Quiz de Nadal

Vén celebrar o Nadal co noso tradicional Pub Quiz!

Animádevos a celebrar a chegada do Nadal participando na sexta edición do noso tradicional Pub Quiz, o venres 18 de decembro ás 18:00h no Hotel Airiños

Apuntádevos por equipos nas táboas que podedes atopar no taboleiro do IES de Rodeira, con compañeir@s de distintos cursos e idiomas (inglés-francés) para formar equipos o máis heteroxéneos posible.

Recordade que no caso do alumnado menor de idade tedes que entregar a autorización asinada pola vosa familia para poder participar na actividade. A vosa profesora vola proporcionará na clase.

Haberá premio especial para os integrantes do equipo gañador e tamén agasallos para os participantes, ademáis de moi bo ambiente, música e moita diversión!

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Mercadiño solidario 2015

Xa está montado o mercadiño solidario a favor do Banco de Alimentos. Pasádevos a botar un ollo... se cadra atopades algo do voso interese, ó tempo que nos axudades a recadar fondos para aqueles que máis o precisan. Graciñas! 


Ausencia de profesorado

As clases de Intermedio 1 continúan con normalidade con profesorado substituto para a profesora Alma Álvarez.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Mercadiño solidario 2015

Unha vez máis, precisamos da vosa axuda para o mercadiño solidario de Nadal, a través do cal recadamos fondos que van directa e integramente destinados ó Banco de Alimentos. 

Se queres axudarnos, podes facelo donando libros (revistas, DVDs, CDs...) que serán "mercados" no mercadiño a un prezo simbólico de 3 euros. 

Xa podedes deixar as vosas donacións na conserxería.

Montaremos o mercadiño na primeira semana de decembro, no oco das escaleiras do instituto.Cantas máis donacións aportemos, máis completo será o mercadiño e, polo tanto, máis cartos recadaremos para o Banco de Alimentos.

GRAZAS!

lunes, 23 de noviembre de 2015

Cambio de aula (martes, 24 de novembro)

A partir de mañá, martes 24 de novembro, e ata novo aviso, as clases da aula 10 terán lugar na aula 24 (2º andar), e as clases da aula 12 terán lugar na aula 22 (2º andar).

viernes, 6 de noviembre de 2015

Ausencia de profesorado

O vindeiro luns, 9 de novembro, reanúdanse as clases co profesora Alma Álvarez.

jueves, 5 de noviembre de 2015

Ausencia de profesorado

Non haberá clase coa profesora Alma Álvarez nin hoxe, xoves 5 de novembro, nin mañá, venres 6 de novembro. Permanecede atentos a este blog para consultar o día de reinicio das clases. 

Lembrade que se descargades a aplicación CentrosNet no voso móbil poderedes recibir avisos instantáneos neste tipo de casos.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Mensaxería instantánea: CentrosNet

Xa podedes descargar a aplicación CentrosNet no voso móbil. Mediante este servizo de mensaxería instantánea poderémosvos avisar das ausencias imprevistas do profesorado (entre outros servizos que a aplicación ofrece).

martes, 13 de octubre de 2015

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 13 de outubro, non haberá clase coa profesora Mª. Rita Fernández. Lamentamos as molestias.

lunes, 28 de septiembre de 2015

Cambio de aula

Informámosvos dos seguintes cambios de aula:

- Intermedio 1 Inglés (martes e xoves 16:45-19:00): AULA 7
- Francés (todos os cursos): AULA 20 (2º andar)

viernes, 25 de septiembre de 2015

Comezo das clases de francés

O luns 28 de setembro darán comezo as clases de francés (nivel Intermedio).

As clases do nivel Básico comezarán o martes 29, segundo a data fixada.

jueves, 17 de septiembre de 2015

Aviso importante para o alumnado de francés

Informámosvos de que as clases de francés non poderán comezar na data fixada. Permanecede atentos a este blog, onde vos avisaremos da data de inicio das clases.

Horarios, aulas e profesorado. Curso 2015-2016

Premede aquí para obter información sobre o voso grupo: horario, aula e profesorado.

­

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Comezo das clases. Curso 2015-2016

Recordade que comezades as clases o primeiro día da semana que o voso grupo teña clase a partir da data xeral de comezo por idioma e curso, tal e como se recolle no cadro. 

En breve proporcionarémosvos información sobre o profesorado e aula por curso. 


jueves, 11 de junio de 2015

Preinscrición e matrícula 2015-2016


O alumnado apto en xuño pode formalizar a súa matrícula do 29 de xuño ao 10 de xullo.

O alumnado novo, que non estivese matriculado no curso 2014-2015 ou que tivese renunciado á súa matrícula, pode realizar a preinscrición a partir do 26 de xuño.

Para máis información prema aquí.

miércoles, 27 de mayo de 2015

Recadación solidaria a favor da protectora

Grazas á vosa colaboración, puidemos recadar o seguinte alimento para a Asociación Protectora de Animais do Morrazo, ademáis do vale regalo por valor de 25 euros donado á protectora por Mª Dolores Soliño, gañadora do primeiro premio do concurso fotográfico.

MOITAS GRAZAS

martes, 19 de mayo de 2015

Fotografías gañadoras - Concurso fotográfico a favor da protectora

I Concurso fotográfico
a favor da Asociación Protectora de Animais do Morrazo

Noraboa!

1º premio 


2º premio 

 3º premio




Recollida de premios

As persoas autoras das fotografías gañadoras podedes pasar pola xefatura de estudos en horario de atención a recibir os vosos premios:

              - 1º premio: vale regalo por valor de 25 euros.
              - 2º premio: vale regalo por valor de 20 euros.
              - 3º premio: vale regalo por valor de 15 euros. 




A todas as persoas que nos axudastes nesta iniciativa a favor da Asociación Protectora de Animais do Morrazo coas vosas fotografías e/ou aportando a vosa donación de penso...


MOITAS GRAZAS!!!

Recordade!: Seguimos a recoller penso para a protectora ata o vindeiro venres, 22 de maio.

jueves, 14 de mayo de 2015

Ausencia de profesorado

Mañá venres 15 de maio non haberá clase co profesor Inácio Martínez-Almeida.

viernes, 8 de mayo de 2015

Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 8 de maio, non haberá clase coa profesora Eva Álvarez.

jueves, 7 de mayo de 2015

Proba de clasificación 2015

Para que serven estas probas? Para situar no nivel adecuado ás persoas que desexen comezar os seus estudos como alumnado oficial nun curso superior a básico 1.

Prazo de matrícula: do 15 ao 29 de maio para as probas de clasificación de todos os idiomas.

Datas de realización das probas de clasificación: no mes de xuño. As datas de realización das probas de clasificación publicaranse en breve.

Lugar de realización: EOI de Vigo - Sede Central, Av. Martínez Garrido 17.

Para obter toda a información premede aquí.

martes, 28 de abril de 2015

Non hai clase os días 1 e 4 de maio

Recordade que non haberá clase os vindeiros días:

- 1 de maio, venres (festa do traballo).
- 4 de maio, luns (día de libre elección do IES de Rodeira).

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 28 de abril, non haberá clase de Intermedio 2 de 17:00 a 18:30 coa profesora Beatriz Varela. A clase de 18:30 a 20:45 mantense con normalidade.

viernes, 24 de abril de 2015

Ausencia de profesorado

O vindeiro luns, 27 de abril, non haberá clase de Intermedio 2 (Inglés) coa profesora Beatriz Varela.

martes, 14 de abril de 2015

Recollida solidaria de penso e concurso fotográfico a favor da Protectora de animais

Dende a Sección de Cangas da EOI de Vigo queremos botar unha man á Asociación Protectora de Animais do Morrazo, asociación que sen pedir nada a cambio leva a cabo unha valiosísima labor e que atravesa unha situación ben delicada.

Nós queremos pór o noso gran de area mediante dúas iniciativas:

  • I Concurso Fotográfico en defensa dos dereitos animais, nos que vos animamos a participar. 
  • Recollida solidaria de penso a favor da protectora. 

Dende o luns 13 de abril podedes deixar a vosa contribución na caixa que atoparedes no oco das escaleiras no IES de Rodeira. O curso pasado conseguimos recadar 205 kg de penso grazas á vosa colaboración. Esperamos poder contar coa vosa axuda nesta nova ocasión para botar unha man á protectora.

En nome da Asociación Protectora de Animais do Morrazo queremos darvos as grazas de antemán pola vosa valiosa axuda.

Consultade a continuación toda a información relacionada con estas dúas iniciativas:




Prazo extraordinario - Matrícula libre

Está aberto o prazo extraordinario de matrícula libre para as probas de certificación de 2015, que será do 13 ao 20 de abril de 2015 ambos incluídos.

A aplicación de matrícula permanecerá aberta ata as 12.00 do mediodía do 20 de abril.

Información sobre a matrícula libre.

Enlace á matrícula libre: https://www.informaticacentros.com/xunta/
(se ten problemas, utilice outro navegador).

Lembre que para matricularse no nivel C1 deberá estar en posesión da titulación requirida.

miércoles, 8 de abril de 2015

Ausencia de profesorado

Hoxe mércores, 8 de abril, non haberá clase co profesor Inácio Martínez-Almeida. Desculpade as molestias.

miércoles, 25 de marzo de 2015

Vacacións de Semana Santa

Lembrade que as vacacións de Samana Santa abranguen dende o venres 27 de marzo (festa local en Cangas) ata o luns 6 de abril, ambos incluídos.

As clases reinícianse o martes 7 de abril.

lunes, 16 de marzo de 2015

Learn English with Ross and Tonisha!

Despois da fantástica charla que Ross e Tonisha nos deron sobre as diferenzas de pronuncia e entoación nas diferentes variedades do inglés, convidámosvos a que sigades aprendendo da súa man... 

   






   


... ó tempo que disfrutades do idioma...





viernes, 6 de marzo de 2015

Grazas por nos acompañar

Grazas por nos acompañar na actividade The History of Tea (e polos vosos exquisitos doces).
O profesorado desexamos que a desfrutasedes tanto coma nós.













martes, 3 de marzo de 2015

Calendario das probas de certificación 2015

Datas das PROBAS ESCRITAS DE CERTIFICACIÓN de xuño e setembro 2015:


As datas das probas de expresión e interacción oral faranse públicas cando menos cunha semana de antelación con respecto á realización da proba. Poderán realizarse antes ou despois das probas escritas.

O prazo de matrícula libre para as probas de certificación de 2015 será do 9 ao 26 de marzo de 2015 ambos incluídos.
A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata ás 12.00 h. do mediodía do 26 de marzo.