jueves, 18 de diciembre de 2014

Ausencia de profesorado

Hoxe xoves, 18 de decembro, non haberá clase coa profesora Eva Álvarez.

Mensaxería instantánea

Recordade que a EOI de Vigo dispón dun servizo de mensaxería instantánea chamado TOKAPP SCHOOL para comunicacións co alumnado.

Descargue a aplicación Tokapp School gratuitamente ao seu teléfono smartphone.
  
Unha vez descargada recibirá unha mensaxe no seu móbil. No caso de non recibilio debe poñerse en contacto coa secretaría da EOI a través do correo electrónico eoi.vigo.tokappschool@gmail.com, chamando ao teléfono 986260261 / 986260210 ou ben achegándose á administración en horario de oficina. Deben indicarnos o seu nome, o nome de usuario de tokapp e o número de teléfono móbil onde descargaron a aplicación. 
Importante: as comunicacións serán enviadas ao número de móbil que vostede proporcionou ao facer a matrícula na EOI de Vigo. Se ten dúbidas, chame á secretaría.
Solicitamos a colaboración do alumnado divulgando esta mensaxe entre o resto de compañeiros/as.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Ausencia de profesorado

Hoxe mércores, 17 de decembro, non haberá clase coa profesora Eva Álvarez.

lunes, 15 de diciembre de 2014

Ausencia de profesorado

Hoxe luns, 15 de decembro, non haberá clase co profesor Inácio Martínez-Almeida.

viernes, 12 de diciembre de 2014

Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 12 de decembro, non haberá clase coa profesora Patricia Araújo.

jueves, 4 de diciembre de 2014

Ausencia de profesorado

Mañá xoves, 4 de decembro, non haberá clase coa profesora Ana González.

sábado, 29 de noviembre de 2014

Mercadillo solidario 2014

A partir do luns, 1 de decembro, poderedes facer a vosa contribución para o mercadillo solidario deste ano. Nesta ocasión, os fondos que se recaden destinaranse á campaña contra o ébola de Médicos sen Fronteiras.

Podedes deixar as vosas contribucións na conserxería do IES de Rodeira, principalmente libros, pero tamén calquera outra aportación que consideredes acorde co prezo simbólico fixado de 3 euros. O mercadillo montarémolo ó longo desta primeira semana de decembro.

O profesorado da sección de Cangas da EOI de Vigo agradecémosvos moito a vosa colaboración.


domingo, 23 de noviembre de 2014

Renovación parcial dos membros do consello escolar

Podedes consultar aquí o calendario de renovación parcial do consello escolar.

martes, 18 de noviembre de 2014

Ausencia de profesorado

Mañá mércores, 19 de novembro, non haberá clase co profesor Inácio Martínez (Avanzado 1, Básico 2).

jueves, 13 de noviembre de 2014

Speak American, with Ross Pirsig

Come and join us on Thursday, 27th November! We'll enjoy a beautiful evening with Ross Pirsig.

Do you speak American?



jueves, 23 de octubre de 2014

Día do Ensino

O venres 31 de outubro non haberá clase por ser o Día do Ensino. (Orde do 13 de xuño de 2014)

lunes, 20 de octubre de 2014

Ausencia de profesorado

Mañá martes, 21 de outubro, non haberá clase de francés coa profesora Mª Dolores Táboas.

domingo, 19 de octubre de 2014

Cambios de grupo (horario)

O período para solicitar cambios de grupo (horario) será do 20 ó 24 de outubro.

Os cambios de grupo deben solicitarse na Xefatura de Estudos da sección de Cangas (ó lado da conserxería), no horario de atención ó público.

Tede en conta que:
o Concederase preferencia ás solicitudes por motivos laborais ou académicos e que se xustifiquen documentalmente.
o   Só será posible conceder cambios a grupos que teñan prazas vacantes.
o  A resolución dos cambios de grupo publicarase no taboleiro do IES de Rodeira o 30 de outubro.

miércoles, 15 de octubre de 2014

Reinicio de clases

Hoxe mércores, 15 de outubro, reinícianse as clases coa profesora Beatriz Varela (Inglés - Intermedio 2).

Mañá xoves, 16 de outubro, reiniciaranse as clases coa profesora Ana González (Inglés - Básico 1 e Básico 2).

martes, 14 de octubre de 2014

Ausencia de profesorado (martes, 14 de outubro)

Hoxe martes, 14 de outubro, non haberá clase coas profesoras Beatriz Varela e Ana González. Estade atentos ó voso mail e a este blog para que vos poidamos comunicar o reinicio das clases.

lunes, 13 de octubre de 2014

Ausencia de profesorado

Hoxe luns, 13 de outubro, non haberá clase coas profesoras Ana González e Beatriz Varela. Estade atentos ó voso mail e a este blog para que vos poidamos comunicar o reinicio das clases.

lunes, 29 de septiembre de 2014

Prazos especiais de matrícula


Do 1 ao 15 de outubro todas as prazas vacantes serán adxudicadas desde a secretaría do centro (Martínez Garrido, 17; Vigo) por orde de chegada.

  • O día 2 de outubro publicaranse as vacantes nos taboleiros e na páxina web de Escola.
  • O día 3 de outubro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas, agás inglés, para aqueles alumnos que fixeron preinscrición e non obtiveron praza ou non formalizaron a matrícula no seu prazo.
  • O día 6 de outubro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas agás inglés. Non é necesario ter feita a preinscripción.
  • O día 7 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés para aqueles alumnos que fixeron preinscrición e non obtiveron praza ou non formalizaron a matrícula no seu prazo.
  • O día 8 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés. Non é necesario ter feita a preinscrición.
  • Ata o 15 de outubro continuaranse adxudicando as vacantes de inglés. Non é necesario ter feita a preinscrición.
* NOTA: Na adxudicación dos días 3 e 7 de outubro é imprescindible traer o resgardo da preinscrición ou, no seu caso, o resgardo de notas do curso anterior. Nas demais adxudicacións non se necesita traer ningunha documentación.

viernes, 26 de septiembre de 2014

Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 26 de setembro, non haberá clase coa profesora Mª Dolores Táboas (Francés).

viernes, 19 de septiembre de 2014

Preinscrición e matrícula 2014-2015

BÁSICO 1 de tódolos idiomas:
-Ampliación do prazo de preinscrición do 13 ao 25 de setembro, a través da web (www.eoidevigo.org). 
-Publicación das persoas que obtiveron praza no sorteo: 26 de setembro na web.
 
Para o resto dos cursos: 
-Do 1 ao 15 de outubro todas as prazas vacantes serán adxudicadas presencialmente desde a secretaría do centro (Martínez Garrido, 17; Vigo). 
-Publicaranse na web as datas concretas da adxudicación das prazas por idioma/nivel.

martes, 16 de septiembre de 2014

Aulas e profesorado. Curso 2014-2015

Podedes consultar aquí a distribución de aulas para os diferentes cursos, así como o profesorado responsable.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

Comezo das clases. Curso 2013-2014

Premede aquí para consultar as datas de comezo das clases.

Recordade: Fixádevos nos días da semana que o voso grupo ten clase, a partir da data xeral fixada para o voso idioma e curso.

lunes, 23 de junio de 2014

Preinscrición e matrícula 2014-2015

Consultade aquí o calendario de preinscrición e matrícula para o curso 2014-2015. Podedes atopar toda a información na web d EOI de Vigo.

lunes, 2 de junio de 2014

Atención ó público da xefatura no mes de xuño



Debido á realización dos exames oficiais de certificación, durante o mes de xuño non haberá un horario establecido de atención ó público por parte da xefatura de estudos.

Para obter información, consulte a web da EOI de Vigo: www.eoidevigo.org.
Tamén atenderemos as súas consultas a través de:
- o enderezo electrónico: eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es
- o teléfono 986 26 02 10 (teléfono da sede central da EOI de Vigo).

jueves, 22 de mayo de 2014

Probas de certificación xuño 2014

Xa podedes consultar as convocatorias para as probas de clasificación de xuño.

Podedes consultalas no taboleiro do IES de Rodeira, ou ben dende a web da EOI de Vigo, premendo aquí.

Probas de clasificación 2014

Consultade na web da EOI de Vigo toda a información relativa á proba de clasificación.

Período de matrícula: do 15 ó 30 de maio, incluídos.

miércoles, 30 de abril de 2014

Peche da biblioteca

Recordade:

- o día 30 de abril remata o servizo de préstamo da biblioteca
- tedes ata o día 9 de maio para devolver os libros que teñades en préstamo.

martes, 22 de abril de 2014

Ponte de maio

Recordade que non haberá clase durante a ponte de maio:

- 1 de maio: día festivo
- 2 de maio: día de libre elección do IES de Rodeira

Matrícula libre 2014

O prazo para matricularse nas probas de certificación por libre é do 14 ó 30 de abril.

Premede aquí para acceder á información sobre o procedemento e custo da matrícula, así como as datas e lugar de realización dos exames.

Recordade que debes presentar a documentación requirida na sede central (Martínez Garrido, 17) antes da data límite.

Probas de certificación 2014

Xa podedes consultar aquí as datas para as PARTES ESCRITAS das probas de certificación do mes de xuño.

Tamén están xa dispoñibles as datas para os orais do ALUMNADO QUE SE PRESENTE POR LIBRE. Pinchade aquí para consultalas.

As datas para os orais do alumnado oficial serán publicadas en canto estean dispoñibles.

martes, 8 de abril de 2014

Vacacións de Semana Santa

As vacacións de Semana Santa terán lugar entre os días 11 de abril (festivo local) e 21 de abril, ámbolos dous incluídos.

As clases reanudaranse o martes 22 de abril.

jueves, 13 de marzo de 2014

Ausencia de profesorado

Mañán venres non haberá clase de Intermedio 2 (Inglés) coa profesora Patricia Araújo.

lunes, 24 de febrero de 2014

TOKAPP SCHOOL: Mensaxería instantánea

Informamos de que a EOI de Vigo está a incorporar un novo servizo de mensaxería instantánea chamado TOKAPP SCHOOL para comunicacións co alumnado.

O alumnado pode descargar a aplicación Tokapp School gratuitamente ao seu teléfono smartphone.
Importante: as comunicacións serán enviadas ao número de móbil que vostede proporcionou ao facer a matrícula na EOI de Vigo. Se ten dúbidas, chame á secretaría.

jueves, 30 de enero de 2014

Pagamento fraccionado: ampliación do prazo.

Tedes ata o 28 de febreiro para realizar o pagamento do segundo prazo da matrícula e entregar (na secretaría da EOI de Vigo ou na conserxería do IES de Rodeira) o xustificante correspondente. Podedes consultar toda a información relacionada aquí.

martes, 28 de enero de 2014

Pagamento do segundo prazo da matrícula



Segundo as instrucións da Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial enviadas o día 27 de xaneiro de 2014 (véxase documento), informámosvos do seguinte:

O alumnado que optou por fraccionar o pagamento das taxas ó realizar a matrícula deberá efectuar o pagamento do segundo prazo antes do 31 de xaneiro, dunha das dúas formas a seguir:
- pago telemático
- pago co impreso (podédelo recoller na conserxería)

En canto fagades o pagamento deixade na conserxería o xustificante do mesmo.

 

lunes, 20 de enero de 2014

Ausencia de profesorado

Hoxe, luns 20 de xaneiro, non haberá clase coa profesora Beatriz Varela.