jueves, 21 de marzo de 2019

Ausencia de profesorado

Hoxe xoves, 21 de marzo, non haberá clase de francés coa profesora Silvia García. Lamentamos as molestias. 

lunes, 18 de marzo de 2019

AVISO MOI IMPORTANT E

O alumnado afectado pola implantación do novo plan de estudos neste curso académico que non tivo oportunidade de certificar o nivel inmediatamente inferior ó que está a cursar na actualidade, debe obrigatoriamente realizar o trámite de matrícula libre para poder presentarse ás probas.

Segundo a Circular 1/2019, que regula a matrícula libre (publicada na web da EOI de Vigo):



É dicir, a matrícula libre con taxas gratuítas e dobre convocatoria (xuño e setembro), é de aplicación unicamente para:
  • o alumnado que cursou o ano pasado Intermedio 1 e este ano cursa B2.1
  • o alumnado que cursou o ano pasado Avanzado 1 e este ano cursa C1.1
O alumnado que o ano pasado cursou un curso 2, de certificación, e non o superou, se se desexa presentar ás probas do mesmo nivel este ano, debe formalizar unha matrícula libre ordinaria (aboando as taxas e presentándose en convocatoria única no mes de xuño).

O horario de atención ó público da Xefatura de Estudos está dispoñible para calquera consulta, ó igual que o noso enderezo electrónico: eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es

miércoles, 13 de marzo de 2019

Ausencia de profesorado

Non haberá clase coa profesora Marta Gesto hoxe mércores, 13 de marzo, nin mañá xoves, 14 de marzo. Lamentamos as molestias. 

lunes, 11 de marzo de 2019

Ausencia de profesorado

Hoxe luns, 11 de marzo, non haberá clase coa profesora Beatriz Varela. Lamentamos as molestias.