miércoles, 25 de marzo de 2009

Probas de Certificación do ano pasado

Se queredes ver exemplos de probas de certificación, ide a este link

Concurso pra Alumnos de Inglés

Podedes participar neste concurso organizado pola EOI de Santiago

martes, 24 de marzo de 2009

Talleres e Préstamo de Biblioteca

Quedan suprimidos os seguintes talleres:

Martes, 16.00-17.00: "I don't know"
Mércores, 16-17.00: "Pronunciation for Beginners"

Esas horas pasan a ser de préstamo de Biblioteca

Matriculación exames libres

O día 1 de Abril, e ata o 21, comeza o plazo de matrícula pra os que queirades examinarvos por libre. Mirade a información xeral na web da EOI de Vigo. A recollida e entrega de impresos faise nas oficinas do Instituto, pola mañán.

Ausencias de Profesorado

O Martes 24 non asistirá Begoña Montenegro

martes, 17 de marzo de 2009

Ausencias de Profesorado

Mañá non asistirá a clase María Balea, e Miguel estará de viaxe cos alumnos

jueves, 12 de marzo de 2009

Clases da próxima semana

A próxima semana non hai clase nin Xoves nin Venres. Botade un vistazo ao calendario

miércoles, 11 de marzo de 2009

Sección de Tablón pra Alumnos

Acabamos de facer unha pequena sección para alumnos no tablón. Non é precisamente ampla, pero non temos máis espazo. Esperamos que vos sexa útil.

martes, 10 de marzo de 2009

Ausencias de Profesorado

Ana Meizoso non asistirá mañá Mércores

jueves, 5 de marzo de 2009

Centrosnet

Podería ser que estes días non vexades as vosas notas. É algo transitorio: as notas están postas xa, pero se non as vedes é cousa da aplicación informática. Nun par de días verédelas xa

martes, 3 de marzo de 2009

Uso da Aula 10 como Faladoiro, Cinema Room...

Dende mañá 4 de Marzo, poderedes utilizar a Aula 10 como Faladoiro ou incluso como sala de cine... todo en Inglés ou Francés, por suposto!!

Esta novidade debemos agradecerlla ao voso compañeiro Ricardo (Intermedio 2) que tivo a idea. Ben, estas son as reglas de uso:

1.- O horario de uso é: Martes, de 6 a 8; Mércores, de 8 a 10; Venres, de 5.30 a 7.30

2.- Tedes que solicitar o uso da aula en Conserxería. Se non están os Conserxes, pedídesmo a min (Alberto).

3.- Se usas a aula, faste responsable dela no tempo que esteas dentro.

4.- Hai que respetar escrupulosamente o tempo de entrada e saída (pode haber clase antes ou despois).

5.- A utilización desta aula é provisional. Implica un tempo de uso que máis adiante poderíamos ter que anular, e non podemos garantir que o próximo ano poidamos ofrecer este servicio.

Podedes utilizar a tele e o DVD. Os mandos estarán á vosa disposición. Se tedes algún problema con isto, preguntade en Conserxería ou a min.

lunes, 2 de marzo de 2009

Reunión de Delegados

O 17 de Marzo hai convocada unha reunión de delegados. A primeira convocatoria é ás 10.30, e a segunda ás 20.00