Dende mañá 4 de Marzo, poderedes utilizar a Aula 10 como Faladoiro ou incluso como sala de cine... todo en Inglés ou Francés, por suposto!!
Esta novidade debemos agradecerlla ao voso compañeiro Ricardo (Intermedio 2) que tivo a idea. Ben, estas son as reglas de uso:
1.- O horario de uso é: Martes, de 6 a 8; Mércores, de 8 a 10; Venres, de 5.30 a 7.30
2.- Tedes que solicitar o uso da aula en Conserxería. Se non están os Conserxes, pedídesmo a min (Alberto).
3.- Se usas a aula, faste responsable dela no tempo que esteas dentro.
4.- Hai que respetar escrupulosamente o tempo de entrada e saída (pode haber clase antes ou despois).
5.- A utilización desta aula é provisional. Implica un tempo de uso que máis adiante poderíamos ter que anular, e non podemos garantir que o próximo ano poidamos ofrecer este servicio.
Podedes utilizar a tele e o DVD. Os mandos estarán á vosa disposición. Se tedes algún problema con isto, preguntade en Conserxería ou a min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario