viernes, 28 de febrero de 2020

RENUNCIA Á MATRÍCULA

Aquí tedes a normativa sobre renuncia de matrícula:

O alumnado oficial poderá solicitar ao centro a renuncia de matrícula ata un mes antes do remate do curso correspondente, isto implica a perda do dereito á realización dos exames.

A renuncia por primeira vez non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel correspondentes; as renuncias posteriores si se terán en conta para estes efectos.


O alumnado que renuncia e desexe retomar os estudos en anos posteriores deberá someterse ao proceso de preinscrición (non ten reserva de praza)

A renuncia non dá dereito á devolución de taxas

Para solicitar a renuncia debe encher o impreso de renuncia e presentalo na secretaría do centro ou ben por correo electrónico.
A renuncia constará no expediente académico e nas actas de avaliación do alumnado.

Podedes baixar o impreso de renuncia na páxina web de Escola, no apartado "Xestións Administrativas"

viernes, 21 de febrero de 2020

EXAMES DE CERTIFICACIÓN, MATRÍCULA LIBRES

As datas de exame de certificación xa están na web de Vigo.

O prazo de matrícula para libres tamén está especificado na web: do 3 ao 23 de marzo. Alumnos CALC, recordade que tedes que tedes que matricularvos neste período.

martes, 11 de febrero de 2020

A MELLOR LECTORA DA EOI




Fixémoslle un regalo a Pilar Sobreira, alumna de B1 de inglés, a mellor lectora da EOI. Cada semana pasa pola nosa biblio a recoller un libro COMO MÍNIMO. Queremos felicitar a Pilar, animala para que siga así e lembrarvos que a lectura é probablemente a mellor maneira de adquirir vocabulario nun idioma estranxeiro. Esperamos seguir véndote na biblio, Pilar, e a todos vós!