domingo, 27 de noviembre de 2016

Recollida solidaria para o comedor social

Xa temos as rifas listas para cando pasedes pola conserxería a deixar a vosa doazón para o comedor social de Cangas. 

Serás ti a primeira persoa en colaborar?


jueves, 24 de noviembre de 2016

Recollida solidaria para o comedor social de Cangas

Aquí vos deixamos a información sobre a recollida solidaria de alimentos e xoguetes para o comedor social de Cangas. Premede na imaxe para ampliala. 

Contamos con tod@s vós!


lunes, 21 de noviembre de 2016

Grazas por nos acompañar na clase de ioga!

Agradecémosvos a vosa participación nas clases de ioga en inglés coas que o profesor Paddy Reid nos fixo pasar unha tarde moi amena e saudable o pasado venres, 18 de novembro. Esperamos que o pasarades tan ben coma nós!

Aquí vos deixamos unha selección de fotos da actividade. 














lunes, 14 de noviembre de 2016

Ausencia de profesorado

Hoxe luns, 14 de novembro, non haberá clase de francés de Básico 1 (20:00-21:30). Lamentamos as molestias.

jueves, 3 de noviembre de 2016

Clase de ioga en inglés

Estresad@? Agotad@? Vén recargar as pilas á nosa clase de ioga en inglés co profesor nativo Paddy Reid. Aprenderás sobre a orixe e beneficios desta disciplina... e pasarás unha tarde diferente!

Non esquezas traer roupa cómoda e unha esterilla (ou toalla de praia).

Agardámoste! 


Ausencia de profesorado

Hoxe xoves, 3 de novembro, non haberá clase coa profesora Rita Fernández. Lamentamos as molestias. 

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Ausencia de profesorado

Hoxe mércores, 2 de novembro, non haberá clase coa profesora Rita Fernández. Lamentamos as molestias.