sábado, 22 de diciembre de 2012

Grazas por vir ó noso Pub Quiz!

Queremos darvos as grazas a todos os que participastes no noso Pub Quiz por nos acompañar nesta actividade para celebrar a chegada do Nadal.

Os profesores da Sección de Cangas da EOI de Vigo queremos agradecer sinceramente a Fernando e a todo o seu equipo do Hotel Airiños o apoio prestado, a súa excelente organización do evento e o exquisito trato que en todo momento nos brindaron a todos os participantes.

Bo Nadal!
Joyeux Noël!
Merry Christmas!

Vacacións de Nadal

Recordade que as clases reanudaranse despois das vacacións de Nadal o martes 8 de xaneiro.

martes, 18 de diciembre de 2012

Recadación mercadillo solidario

Grazas á vosa colaboración recadamos a través do noso mercadillo solidario 141 euros. Sumados ós 91 euros recadados na sección de Redondela e ós 3004 euros recadados na sede central da EOI de Vigo, suman un total de 3 236 euros cos que se mercaron 3 386 kilos de alimentos, que xa foron entregados ó Banco de Alimentos de Vigo.





O profesorado da sección de Cangas da EOI de Vigo queremos agradecervos a vosa colaboración nesta iniciativa.

Merci beaucoup! / Thank you so much!

jueves, 13 de diciembre de 2012

Pub Quiz de Nadal


Animádevos a participar no noso tradicional Pub Quiz para celebrar a chegada do Nadal!

Podedes atopar no corcho da EOI do IES de Rodeira as táboas para vos apuntar. Os grupos serán de 10 personas como máximo, e cada un deles debe incluir alumnado de Básico, Intermedio, Avanzado e Francés.

O Pub Quiz terá lugar o vindeiro 21 de decembro no Hotel Airiños ás 18:00 h.
Recordade que o alumnado menor que queirades participar debedes entregar ó voso profesor a solicitude cuberta e firmada polo voso pai, nai ou persoa titora (o 20 de decembro como data límite).

Haberá agasallos para os grupos gañadores e varios agasallos sorpresa para os participantes...

lunes, 3 de diciembre de 2012

Mercadillo solidario para o Banco de Alimentos

Ata o venres 14 de decembro podedes colaborar co noso Mercadillo Solidario a favor das persoas necesitadas da nosa comarca a través do Banco de Alimentos de Vigo.

Podedes axudarnos de dous xeitos:

- Traendo libros, revistas, CDs e artigos similares que xa non desexedes conservar.
- "Adquirindo" algún destes artigos a cambio dunha doazón simbólica de 2 euros/artigo.

Atoparedes o noso mercadillo solidario na planta baixa do IES de Rodeira, no oco das escaleiras, ó lado da cafetería.

Grazas pola vosa colaboración!

Ausencia de profesorado

Hoxe luns 3 de decembro non haberá clase de Intermedio 1 (Inglés) coa profesora María Martínez.

jueves, 22 de noviembre de 2012

Hoxe xoves non haberá atención de Xefatura

Hoxe xoves 22 de novembro non poderá haber atención ó público da Xefatura de Estudos ó non poder asistir a xefa de estudos.

Ausencia de profesorado

Hoxe xoves 22 de novembro non haberá clase de Básico 2 (Inglés) coa profesora Ana González.

lunes, 19 de noviembre de 2012

Ausencia de profesorado

Hoxe luns 19 de novembro non haberá clase co profesor Jerónimo Hernández.

jueves, 15 de noviembre de 2012

Ausencia de profesorado

Mañá venres 16 de novembro non haberá clase co profesor Jerónimo Hernández.

martes, 13 de noviembre de 2012

Xornada de folga

Por mor da folga convocada para o mércores 14 de novembro, este día non haberá clase dos seguintes cursos do idioma INGLÉS:

- Básico 1
- Intermedio 2
- Avanzado 1
- Avanzado 2

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Ausencia de profesorado

Hoxe mércores non haberá clase coa profesora Beatriz Varela.

martes, 6 de noviembre de 2012

Servizo de préstamo da biblioteca

Podedes consultar aquí o horario do servizo de préstamo da biblioteca da sección de Cangas da EOI de Vigo.

martes, 30 de octubre de 2012

Non haberá clase os días 1 e 2 de novembro

Recordade que non haberá clase os seguintes días:

- 1 de novembro: Día de Tódolos Santos (festivo)
- 2 de novembro: Día do Ensino (non lectivo)

Resolución dos cambios de grupo

Podedes consultar no taboleiro do IES de Rodeira a listaxe dos cambios de grupo concedidos.

lunes, 22 de octubre de 2012

Ausencia de profesorado

O vindeiro venres, 26 de outubro, non haberá clases de francés coa profesora Lucía Villamayor.

jueves, 11 de octubre de 2012

Cambio de grupo

Todo aquel alumnado que necesite cambiarse para un horario diferente ó do grupo no que se atopa matriculado debe realizar a correspondente solicitude na Xefatura de Estudos da sección  (ó lado da Conserxería).


Débese xustificar o motivo do cambio cos documentos xustificativos correspondentes.

Os cambios concederanse respectando a orde de presentación da solicitude e sempre que existan prazas vacantes no grupo ó que se quere acceder.  


Período de solicitude de cambio de grupo: do 17 ó 24 de outubro.

Publicación da resolución dos cambio de grupo: 31 de outubro.

martes, 9 de octubre de 2012

Non haberá clase o venres, 12 de outubro

Recordade que este venres, 12 de outubro, non haberá clase ó ser o día da Hispanidade.

lunes, 8 de octubre de 2012

Cambio de aula (09/10/2012)

Mañá martes, 9 de outubro, haberá cambios nas aulas dos seguintes profesores da  Escola Oficial de Idiomas:

- María Martínez (Intermedio 1): as clases terán lugar na aula 13 (2º andar).
- Xero Hernández (Básico 1 e Avanzado 2): as clases terán lugar na aula 15 (2º andar).
- Ana González (Básico 2):  as clases terán lugar na aula 17 (2º andar).

Este cambio é excepcional e afectará só ás clases do martes 9 de outubro.


jueves, 4 de octubre de 2012

Aviso importante: alumnado de Básico 1

É moi importante que o alumnado matriculado en Básico 1 a través da adxudicación de vacantes que tivo lugar esta semana traia consigo o primeiro día de clase o resgardo de matrícula no cal figura o código do grupo no que se atopa matriculado. O dito código é necesario para localizar o grupo que vos corresponde.

miércoles, 3 de octubre de 2012

Horario de atención da Xefatura de Estudos. Curso 2012-2013.

O horario de atención ó público da Xefatura de Estudos durante o curso académico 2012-2013 será o seguinte:

  • Luns de 18:30 a 20:00
  • Martes de 16:00 a 17:00
  • Xoves de 18:00 a 19:00

Recordade que tamén tedes o enderezo electrónico da sección de Cangas á vosa disposición:

eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es

Adxudicación de vacantes

Ata o día 15 de outubro continuaranse adxudicando as prazas que quedaron vacantes nos diferentes idiomas e cursos. 

As persoas interesadas deben dirixirse á sede central da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (C/Martínez Garrido, 17).

Non é necesario levar ningunha documentación para reservar a praza. A dita documentación terá que presentarse posteriormente, no momento da formalización da matrícula na Secretaría da sede central, no prazo que vos indiquen no momento da adxudicación da vancate.

viernes, 28 de septiembre de 2012

Ausencia de profesorado

O vindeiro luns, 1 de outubro, non haberá clase de Intermedio 1 (Francés) coa profesora Lucía Villamayor.

Ausencia de profesorado

Hoxe venres non haberá clase de inglés do curso Avanzado 2 co profesor Xero Hernández.

viernes, 21 de septiembre de 2012

Horarios da sección de Cangas (curso 2012/2013)

Podedes consultar aquí os horarios da sección de Cangas para o curso 2012-2013, o profesorado responsable de cada curso e a aula na que se imparten as clases.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Adxudicación de vacantes

Recordade que o alumnado que non obtivo praza no sorteo dos días 13 de setembro (francés) e 18 de setembro (inglés) ten unha nova oportunidade na adxudicación de vacantes, cuxas datas podedes consultar na páxina web da EOI de Vigo. A dita adxudicación realizarase na sede central da escola (C/Martínez Garrido, 17) por estrita orde de chegada, a partir das 9.00 horas.

Comezo das clases

Podedes consultar aquí as datas de comezo das clases para os diferentes idiomas e niveis. Recordade que vos incorporades o primeiro día que teñades clase segundo o voso horario a partir da data indicada.

martes, 11 de septiembre de 2012

Revisión Básico 1 e Avanzado 1 (Inglés)

A profesora Beatriz Palmeiro non poderá asistir hoxe á revisión de Básico 1 e Avanzado 1. A dita revisión terá lugar mañá,12 de setembro, ás 16:00 horas na aula 11.

miércoles, 11 de julio de 2012

Probas de certificación. Setembro 2012.

Dende os seguintes enlaces podedes consultar toda a información relativa ás probas de certificación de setembro:

- Calendario xeral das probas.

- Convocatoria:


FRANCÉS
INGLÉS
Nivel BÁSICO Nivel BÁSICO
Nivel INTERMEDIO Nivel INTERMEDIO
-----------------
Nivel AVANZADO

miércoles, 27 de junio de 2012

Convocatoria de setembro dos cursos de promoción (Básico 1, Intermedio 1 e Avanzado 1)

Xa podedes consultar as datas dos exames de setembro dos cursos Básico 1, Intermedio 1 e Avanzado 1 de inglés e francés na sección de Cangas.

- Calendario de exames de setembro

- Datas de publicación de notas e revisión




lunes, 25 de junio de 2012

Preinscrición e matrícula 2012-2013

Podedes atopar toda a información relativa ó proceso de preinscrición e matrícula para o vindeiro curso 2012-2013 na páxina web da EOI de Vigo. Podedes clicar nos seguintes enlaces para acceder á seguinte información:

- Resumo da información sobre a preinscrición e matrícula para o vindeiro curso.

- Oferta de grupos e horarios para o curso 2012-2013 na sección de Cangas.


- Táboa oficial de validacións para acceder a un curso distinto de Básico 1.

jueves, 21 de junio de 2012

CENTROSNET

A aplicación CentrosNet volve estar operativa. Podedes consultar as vosas notas en liña.

miércoles, 20 de junio de 2012

IMPORTANTE: NOTAS CERTIFICACIÓN

Durante os días 20, 21 e 22 de xuño a aplicación de CentrosNet permanecerá bloqueada debido a problemas técnicos alleos ao centro. Podedes consultar as notas das probas de certificación no taboleiro de anuncios do IES de Rodeira.

viernes, 8 de junio de 2012

Revisión da proba de certificación de nivel Intermedio (Inglés)

Por cuestións organizativas, a revisión da proba de certificación do nivel Intermedio (Inglés) realizarase o día 21 de xuño ás 18:00 horas.

Revisión da proba de certificación do nivel Intermedio (Francés)

Por razóns de tipo organizativo, a revisión da proba de certificación do nivel Intermedio (Francés) realizarase o día 13 de xuño ás 17:30 horas.

lunes, 4 de junio de 2012

Revisión de exames de Básico 1 Inglés (grupo de Sandra Vázquez)

O alumnado de Básico 1 de Inglés (grupo dos luns, mércores e xoves  de 20:00 a 21:30) podedes vir revisar o voso exame final o vindeiro xoves, 7 de xuño, ás 20:00 horas na aula 9.


viernes, 1 de junio de 2012

Horario de atención da Xefatura de Estudos durante o mes de xuño

Durante o mes de xuño o horario de atención ó público da Xefatura de Estudos está suxeito a cambios debido á realización das probas de certificación. Recoméndase solicitar cita previa a través do correo electrónico da sección: eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es.


miércoles, 30 de mayo de 2012

Ausencia de profesorado

Comunicámosvos que hoxe mércores, 30 de maio, e mañá xoves, 31 de mayo, non haberá clase de Inglés dos cursos Básico 2 e Básico 1 (grupo dos luns, mércores e xoves, de 20:00 a 21:30). Esta información foi transmitida tamén por correo electrónico e por teléfono ás persoas delegadas de cada grupo.

martes, 29 de mayo de 2012

Ausencia de profesorado

Hoxe martes 29 de maio non haberá clase de Inglés coa profesora Sandra Vázquez.

viernes, 25 de mayo de 2012

Reanudación das clases de francés

Comunicámosvos que o vindeiro luns, 28 de maio, reanúdanse as clases de francés con profesorado substituto. Por favor, intentade asistir ás clases, no voso horario habitual, pois cómpre tratar con urxencia a organización das probas finais dos cursos Básico 1 e Intermedio 1.

miércoles, 23 de mayo de 2012

Convocatoria probas de Certificación 2012


INGLÉS



Certificación Básico

Proba escrita
(tódolos tribunais)
18 xuño
16:00 h.
Oral

Tribunal 1
(de Alarcón Quiroz a Lorenzo López)
15 xuño
16:00 h.
Tribunal 2
(de Marcos Cancelas a Ríos Bermúdez)
15 xuño
16:00 h.
Tribunal 3
(de Ríos Trigo a Villar Docampo
+
alumnado matriculado por libre para a proba de certificación)
19 xuño
16:00 h.





Certificación Intermedio

Proba escrita
(tódolos tribunais)
12 xuño
16:00 h.
Oral

Tribunal 1
(de Alfonso Ojea a Fandiño Sotelo)
11 xuño
16:00 h.
Tribunal 2
(de Frenández Araújo a Ogando González)
11 xuño
16:00 h.
Tribunal 3
(de Otero Fernández a Villanueva Lemos)
13 xuño
16:00 h.
Tribunal 4
alumnado matriculado por libre para a proba de certificación
13 xuño
16:00 h.



Certificación Avanzado

Proba escrita
(tódolos tribunais)
4 xuño
16:00 h.
Oral

Tribunal 1
(de Álvarez Fandiño a Graña Rial)
1 xuño
16:00 h.
Tribunal 2
(de Juncal Paredes a Rodal Mallo)
1 xuño
16:00 h.
Tribunal 3
(de Rodas Parada a Valladares Rodríguez
+
o alumnado matriculado por libre para a proba de certificación)
5 xuño
16:00 h.


FRANCÉS


Certificación Básico

Proba escrita
5 xuño
16:00 h
Oral

(de Bernárdez Rodas a Martínez Barreiro)
1 xuño
16:00 h
(de Otero Romero a Villar Corrales
+
alumnado matriculado por libre para a proba de certificación)
1 xuño
17:45 h



Certificación Intermedio

Proba escrita
11 xuño
16:00 h
Oral

de Almécija Pereda a Rodríguez Veiga
1 xuño
19:30 h


* A listaxe completa do alumnado distribuído por tribunais atópase publicada no taboleiro do IES de Rodeira.

* Aula de realización das probas:
             - proba escrita: aula de usos múltiples.
             - proba oral: aulas 10 e 12 (1º andar).


martes, 22 de mayo de 2012

Publicación de notas e revisión

 PROBAS DE CERTIFICACIÓN 2012

INGLÉS


NIVEL BÁSICO

- Publicación das notas (CentrosNet): luns 25 de xuño ás 16:00 h
- Revisión: martes 26 de xuño ás 16:00 h
NIVEL INTERMEDIO
- Publicación das notas (CentrosNet): xoves 21 de xuño ás 16:00 h
- Revisión: xoves 21de xuño ás 18:00 h
NIVEL AVANZADO
- Publicación das notas (CentrosNet): mércores 20 de xuño, 16:00 h
- Revisión: xoves 21 de xuño ás 16:00 h



FRANCÉS

NIVEL BÁSICO

- Publicación das notas (CentrosNet): mércores 13 de xuño,16:00 h.
- Revisión: mércores 13 de xuño ás 16:30 h.
NIVEL INTERMEDIO
- Publicación das notas (CentrosNet): luns 18 de xuño ás 16:00 h.
- Revisión: mércores 13 de xuño ás 17:30 h.




Calendario Certificación 2012


Probas de Certificación 2012

Sección de Cangas




Certificación
 Básico

Certificación Intermedio
Certificación Avanzado
Inglés

Escrito: 18 xuño 16:00 h.
Oral: 15 xuño 16.00 h.
           19 xuño 16.00 h.


Escrito: 12 xuño 16:00 h.
Oral: 11 xuño 16.00 h.
           13 xuño 16.00 h.


Escrito: 4 xuño 16:00 h.
Oral: 1 xuño 16.00 h.
           5 xuño 16.00 h.
Francés

Escrito: 5 xuño 16:00 h.
Oral: 1 xuño  16.00 h.


Escrito: 11 xuño 16:00 h.
Oral: 1 xuño 19:30 h.



 MOI IMPORTANTE: obrigas das persoas candidatas:

1.      Presentarse na aula asignada 15 minutos antes da hora sinalada para o inicio da proba.

2.      Presentar un documento de identidade (DNI, NIE, pasaporte) para acceder a aula. 
3.      Manter o silencio nos corredores do edificio durante todo o periodo das probas.


* En breve publicarase a convocatoria para as probas orais de francés.

jueves, 17 de mayo de 2012

Clases de francés

Continuamos sen profesorado substituto para as clases de francés. Tan pronto como teñamos alguna novidade ó respecto publicarémola neste blog e comunicarémola ás persoas delegadas de cada clase por correo electrónico.

lunes, 14 de mayo de 2012

Proba de clasificación curso 2012-2013


PROBAS DE CLASIFICACIÓN CURSO 2012-2013


Se desexas estudar na sección de Cangas da EOI de Vigo (Inglés e Francés) e tes coñecementos previos do idioma podes realizar unha proba de clasificación para o vindeiro curso.


-        PRAZO DE MATRÍCULA: do 15 ó 30 de maio.

-        PROCEDEMENTO: Podedes pasar pola Xefatura, en horario de atención, a recoller o impreso    de liquidación das taxas, que podedes entregar tamén na Xefatura unha vez feito o pagamento, xunto cunha fotocopia do DNI.

-        LUGAR DE REALIZACIÓN DA PROBA: O alumnado libre que se matricule para a proba de clasificación na Sección de Cangas realizará a dita proba nesta sección. 

-         DATA DA PROBA:

o       INGLÉS: 14 de xuño ás 16:00 h
o       FRANCÉS: 14 de xuño ás 19:30 h

martes, 8 de mayo de 2012

Ausencia de profesorado

Suspéndense ata novo aviso as clases de francés. Permanecede atentos a este blog, onde anunciaremos a reanudación das clases.

Ausencia de profesorado

Hoxe martes 8 de maio non haberá clases de Básico 2 (inglés).

Ausencia de profesorado

Hoxe martes 8 de maio non haberá clases de francés.

lunes, 23 de abril de 2012

Ausencia de profesorado

Hoxe luns 23 de abril non haberá clase de Inglés dos cursos Básico 2 e Básico 1 (20:00-21:30).

jueves, 19 de abril de 2012

Ausencia de profesorado

Mañá venres 20 de abril non haberá clase de Inglés dos cursos Avanzado 1 e Básico 1 (17:00-18:30).

miércoles, 11 de abril de 2012

Matrícula libre para probas de certificación

Xa podedes realizar a matrícula por libre para as probas de certificación para os diferentes idiomas e niveis.

O prazo é do 10 ó 27 de abril ambos incluídos.

Para acceder a toda a información sobre o prodecemento de matrícula pinchade aquí.

lunes, 26 de marzo de 2012

Vacacións de Semana Santa

Recordade que na Sección de Cangas da Escola Oficial de Idiomas de Vigo as vacacións de Semana Santa comezan o días 30 de marzo (festa local en Cangas). As clases reanudaranse o martes 10 de abril.

Ausencia de profesorado

Mañá martes, 27 de marzo, non haberá clases de inglés do curso Básico 2.

martes, 20 de marzo de 2012

Reanúdanse as clases de francés

Comunicámosvos que mañá mércores 21 de marzo reanúdanse as clases de francés con profesorado substituto.

lunes, 19 de marzo de 2012

Modelos de probas de certificación

Xa tedes dispoñibles na páxina web da Escola Oficial de Idiomas modelos de probas de certificación para diferentes linguas e niveis. Para acceder a estes modelos pinchade aquí.

martes, 13 de marzo de 2012

Ausencia de profesorado

Suspéndense ata novo aviso as clases de Francés. Permanecede atentos a este blog, onde anunciaremos a reanudación das clases.

lunes, 12 de marzo de 2012

Ausencia de profesorado

O xoves 15 de marzo non haberá clase de Inglés (niveis Avanzado 1 e Básico 1 [18:30-20:00]).

viernes, 2 de marzo de 2012

Ausencia de profesorado

Hoxe venres non haberá clase de Básico 1 (17:00-18:30) nin de Avanzado 1 do idioma Inglés.

martes, 28 de febrero de 2012

Reanúdanse as clases de Francés

Comunicámosvos que mañá mércores reanúdanse as clases de Francés ó contar xa con profesorado substituto.

lunes, 27 de febrero de 2012

Profesorado substituto Francés

Comunicámosvos que nos próximos días se incorporará unha persoa substituta para as clases de Francés.

Anunciaremos a través deste blog a reanudación das ditas clases.

viernes, 24 de febrero de 2012

VIAJE A LONDRES

Os comunicamos que como consecuencia de una renuncia de última hora hay una plaza vacante en el viaje a Londres. Si estáis interesados o conocéis a alguien que lo pueda estar enviad un mail a eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es.

jueves, 23 de febrero de 2012

Ausencia de profesorado

Suspéndense ata novo aviso as clases de Francés.

sábado, 18 de febrero de 2012

Vacacións de Entroido

Recordade que a semana que vén temos vacacións de Entroido dende o luns ata o mércores. As clases reanudaranse o xoves 23.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Ausencia de profesorado (Francés)

Recordade que esta semana non haberá clases de Francés.

lunes, 13 de febrero de 2012

Ausencia de Profesorado

Recordade que os días martes 14 de febreiro e xoves 16 de febreiro non haberá clases de Francés (ningún nivel) ó non poder asistir ás clases a profesora.

viernes, 27 de enero de 2012

Viaxe a Londres

VIAXE CULTURAL A LONDRES


- 5 días / 4 noites (do 12 ó 16 de abril - de xoves a luns)
- Traslado Cangas/Vigo-Oporto en autobús.
- Voo Oporto- Londres (saída ás 08:50 h), taxas incluidas
- Traslado aeroporto-hotel
- Estancia no céntrico hotel Royal National 3 * en réxime de aloxamento e almorzo
- Traslado hotel-aeroporto
- Voo Londres-Oporto (saída ás 16:40 h)
- Traslado en autobús Oporto-Cangas/Vigo

HABITACIÓN DOBRE: 440 EUROS
HABITACIÓN TRIPLE: 420 EUROS

Para apuntarvos enviade un e-mail ó enderezo:

eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es

DATA LÍMITE PARA APUNTARSE: Mércores 1 de febreiro


miércoles, 25 de enero de 2012

Aviso importante sobre a viaxe a Londres

Recordade que as persoas que desexedes participar na viaxe cultural a Londres debedes enviar un correo a

eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es

indicando o nome completo e preferencia por habitación dobre/triple.

Temos xa as prazas de avión e hotel bloqueadas, pero non nos poden prolongar moito máis o bloqueo sen reserva.

As persoas interesadas debedes confirmar a vosa participación entre esta semana e a que vén.

martes, 24 de enero de 2012

Ausencia de profesorado

Mañá mércores non haberá clases de Inglés do nivel Básico 2 (ningún grupo) nin tampouco Básico 1 (20:00-21:30) ó non poder asistir ás clases a profesora.

Ausencia de profesorado

Mañá mércores non haberá clase de Inglés dos niveis Avanzado 1 e Básico 1 (grupos das 17:00-18:30 e de 18:30-20:00) ó non poder asistir ás clases o profesor.

lunes, 23 de enero de 2012

Xunta de Representantes do Alumnado

Convócase a tódolos/as delegados/as de grupo e ós/ás representantes do alumnado no Consello Escolar, a unha reunión en pleno da “Xunta de Representantes do Alumnado”, que terá lugar o

Martes, 28 de Febreiro do 2012, na Aula Magna da Escola Oficial de Idiomas de Vigo,

a celebrar en dúas quendas co mesmo contido, unha ás 11:00 horas (maña) e outra ás 19:00 horas (tarde).

Para consultar a orde do día pinchade aquí.

jueves, 19 de enero de 2012

Probas parciais de febreiro

Recordade que as probas parciais realizaranse en tódolos niveis e cursos entre os días 8 e 17 de febreiro.

Ausencia de profesorado

Hoxe xoves non haberá clases de francés ó non poder asistir ás clases a profesora.

viernes, 13 de enero de 2012

PAGAMENTO SEGUNDO PRAZO DA MATRÍCULA

Recordade que o alumnado que optou por fraccionar o pagamento das taxas ó realizar a matrícula debe efectuar o pagamento do segundo prazo antes do 31 de xaneiro.

Pasade pola Xefatura (en horario de atención) ou pola Conserxería para recoller o impreso para o pagamento e entregádeo selado polo banco antes da data límite.

lunes, 9 de enero de 2012

REUNIÓN VIAXE CULTURAL

Todo o alumnado interesado en participar na viaxe cultural queda convocado á reunión que terá lugar o vindeiro luns, 16 de xaneiro de 2012, ás 17:45 na aula 10 (1º andar).