lunes, 30 de septiembre de 2013

Cambios de grupo (horario)



O período para solicitar cambios de grupo (horario) será do 21 ó 25 de outubro.

Os cambios de grupo deben solicitarse na Xefatura de Estudos da sección de Cangas (ó lado da conserxería), no horario de atención que publicaremos.

Tede en conta que:
o  Concederase preferencia ás solicitudes por motivos laborais ou académicos e que se xustifiquen documentalmente.
o        Só será posible conceder cambios a grupos que teñan prazas vacantes.
o        A resolución dos cambios de grupo publicarase neste taboleiro o 30 de outubro.

viernes, 27 de septiembre de 2013

Prazas vacantes na sección de Cangas

Podedes consultar aquí a oferta de prazas vacantes na sección de Cangas.

RECORDADE:


De estardes interesados, tedes que achegarvos en persoa (ou enviar a alguén) á EOI de Vigo (Martínez Garrido, 17, Vigo). As vacantes adxudicaranse a partir das 8:30 h. por estrita orde de chegada, segundo este calendario:

- O día 30 de setembro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas agás inglés para aqueles alumnos que fixeron preinscrición e non obtiveron praza ou non formalizaron a matrícula no seu prazo.

 - O día 1 de outubro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas agás inglés. Non é necesario ter feita a preinscrición.

- O día 2 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés para aqueles alumnos que fixeron preinscrición e non obtiveron praza ou non formalizaron a matrícula no seu prazo.

- O día 3 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés. Non é necesario ter feita a preinscrición.

- Ata o 15 de outubro continuaranse adxudicando todas as prazas vacantes.

Nota: Na adxudicación dos días 30 de setembro e 2 de outubro é imprescindible traer o resgardo da preinscrición ou o resgardo de notas do curso anterior. Nas demais adxudicacións non se necesita traer ningunha documentación.


miércoles, 25 de septiembre de 2013

Ausencia de profesorado

Este venres 27 de setembro non haberá clase de Avanzado 1 do idioma inglés (18:30-20:45).

jueves, 19 de septiembre de 2013

Comezo das clases: aulas e profesorado

Podedes consultar aquí a aula na que teredes clase este curso e a profesora do voso grupo.

Nota: As aulas 7, 9, 11, 10, 12 atópanse no primeiro andar. A aula 22 está no segundo andar.

lunes, 16 de septiembre de 2013

Prazos especiais de matrícula

Unha vez rematados, o día 25 de setembro, os prazos de matrícula on line, todas as prazas serán adxudicadas desde a secretaria do centro por orde de chegada.

  • O día 27 de setembro publicaranse as vacantes nos taboleiros e na páxina web da Escola.
  • O día 30 de setembro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas agás inglés para aqueles alumnos que fixeron preinscrición e non obtiveron praza ou non formalizaron a matrícula no seu prazo.
  • O día 1 de outubro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas agás inglés. Non é necesario ter feita a preinscrición.
  • O día 2 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés para aqueles alumnos que fixeron preinscrición e non obtiveron praza ou non formalizaron a matrícula no seu prazo.
  • O día 3 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés. Non é necesario ter feita a preinscrición.
  • Ata o 15 de outubro continuaranse adxudicando todas as prazas vacantes. 
 Nota: Na adxudicación dos días 30 de setembro e 2 de outubro é imprescindible traer o resgardo da preinscrición ou o resgardo de notas do curso anterior. Nas demais adxudicacións non se necesita traer ningunha documentación.

martes, 10 de septiembre de 2013

Comezo das clases

Podedes consultar aquí as datas de comezo das clases do curso académico 2013-2014.