lunes, 25 de abril de 2016

Ausencia de profesorado

O vindeiro mércores, 27 de abril, non haberá clase coa profesora Adelaida Urceira (francés). Lamentamos as molestias.

Yoga class with Paddy Reid

Join us for a fun yoga class with Paddy Reid.
Next Monday, May 2nd, at 16:30.

You're all invited!




lunes, 18 de abril de 2016

Recollida solidaria a favor da Asociación Protectora de Animais do Morrazo

Recollida solidaria a favor da Protectora de Animais do Morrazo

A nosa iniciativa...


Dende a Sección de Cangas da EOI de Vigo queremos levar a cabo unha iniciativa solidaria a favor da Protectora de Animais do Morrazo. 

Por qué colaborar?

Moitos de nós xa colaboramos a nivel individual con esta asociación que, sen pedir nada a cambio, proporciona acubillo, protección e atención sanitaria a un número moi elevado de cans abandonados. E, se ben calquera axuda supón un grande alivio, non é dabondo en proporción ás súas necesidades. 

Por iso nos gustaría animarvos a que nos botedes unha man nesta iniciativa coa que queremos levar a cabo unha recollida solidaria de artigos de primeira necesidade, en especial:

- penso
- material de curas: vendas, gasas, auga oxixenada, betadine, luvas de látex, etc.
- coiares e correas, etc. 


Cómo podo colaborar?

A partir de hoxe, luns 18 de abril, atoparedes unha caixa ó carón da subida das escaleiras, no IES de Rodeira. Nela podedes deixar a vosa aportación (no caso de penso, por favor deixade bolsas ben pechadas). Ó final de cada día iremos recollendo o que se donase ó longo da xornada, por cuestións de organización no centro. 

Ó remate desta campaña, entregaremos directamente á protectora todo o que se recade. 


MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

viernes, 15 de abril de 2016

Graciñas por nos acompañar no "Treasure Hound" a favor da Protectora do Morrazo

O profesorado da sección de Cangas da EOI de Vigo e a Protectora de Animais do Morrazo queremos darvos as grazas a todas as persoas que nos acompañastes o pasado mércores na tarde que dedicamos a esta asociación sen ánimo de lucro que leva a cabo unha labor tan imprescindible á vez que dura.

Graciñas!    Thanks a lot!    Merci beaucoup! 

A tarde comezou cunha charla informativa, á que a nosa compañeira Rita puxo voz, sobre a importancia da existencia de asociacións como a protectora para a protección e defensa dos animais. 



A protectora deunos a coñecer as diferentes iniciativas que leva a cabo para promover o respecto polos animais e a adopción responsable. 







Tivemos o pracer de contar coa participación de Sara, voluntaria da protectora e responsable da web e das redes sociais desta asociación,  e a súa boa amiga Tricky, adoptada da protectora e adiestrada para terapia con persoas. Grazas por nos acompañar! 


Ó rematar a charla, disfrutamos xuntos dun té e de doces ben saborosos... Moitas grazas ás persoas que, por iniciativa propia, trouxestes doces caseiros para a ocasión!

Despois de repoñer forzas... deu comezo o apaixonante "Treasure Hound". Moitas grazas a todas as persoas que participastes pola vosa motivación, implicación e actitude tan positiva! 

Velaquí os agasallos que a protectora preparou para a ocasión:



Velaquí os tres primeiros equipos clasificados cos seus máis que merecidos tesouros!:

1º equipo clasificado: The Boxers

2º equipo clasificado: The Chow-Chows

3º equipo clasificado: The Collies


Por suposto, houbo agasallos para o resto de participantes:

- The Pitbulls
- The Cockers
- The Beagles
- The Street Dogs



Graciñas a tod@s por participar!

Non podemos deixar de agradecer a Ana Pereira, voluntaria da protectora, a súa valiosa colaboración nesta iniciativa. Graciñas, Ana!

Agradecemento especial merece a nosa compañeira Eva Álvarez, profesora de inglés da sección, por todo o esforzo que dedicou na organización desta iniciativa. Thanks a lot, Eva! 

E agora... podemos seguir colaborando coa protectora participando na recollida solidaria de penso e material de curas que imos levar a cabo dende este luns 18 de abril no IES de Rodeira. 

Toda axuda para esta causa é pouca! Contamos con vós!


Reanudación das clases de Intermedio 1 (Alma Álvarez)

O próximo luns, 18 de abril, reanúdanse as clases de Intermedio 1 (grupos de Alma Álvarez), con profesorado substituto. 

miércoles, 13 de abril de 2016

Ausencia de profesorado

Suspéndense ata novo aviso as clases coa profesora Alma Álvarez. Permanecede atentos a este blog para coñecer a data de reanudación das clases.

Lamentamos as molestias. 

Día da Protectora!!

Por fin chegou o día!

Hoxe mércores dedicamos o día na escola á Asociación Protectora de Animais do Morrazo.

Recorda!:

- 17:00 h: charla informativa en inglés sobre a labor que esta asociación realiza e as formas de colaboración.

- Despois da charla, Treasure Hound, caza do tesouro en equipos para lograr obter o prezado tesouro. Haberá tamén premios para os equipos clasificados en segundo e terceiro lugar. 

Agardámosvos a tod@s para botar unha man á protectora!

martes, 12 de abril de 2016

Reanudación das clases

Hoxe martes, 12 de abril, reanúdanse as clases coa profesora Alma Álvarez. 

lunes, 11 de abril de 2016

Ausencia de profesorado

Hoxe luns, 11 de abril, non haberá clase coa profesora Alma Álvarez. Seguide atentos a este blog para confirmar a data de reanudación das clases.

Lamentamos as molestias.

viernes, 8 de abril de 2016

Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 8 de abril, non haberá clase coa profesora Alma Álvarez. 
Lamentamos as molestias. 

viernes, 1 de abril de 2016

Axúdanos a axudar á Protectora de Animais do Morrazo!


O vindeiro mércores 13 de abril 

-17:00 horas ​C​harla ​I​nformativa en inglés coa Asociación Protectora de Animais do Morrazo.

-18:00 horas "Treasure Hound​, ​Tea and Biscuits".


Animámosvos a tod@s a participar, xa que é en beneficio da protectora, e os tres primeiros equipos clasificados recibirán un agasallo moi especial. Velaquí a información ó respecto: 

TREASURE HOUND RULES:

  • Se non vos da tempo a chegar para as 17:00 horas, podedes comezar o “Treasure Hound” en calquera momento entre as 18:00h e as 19:30.
  • Cada equipo deberá resolver 4 probas.
  • En cada unha delas recibiredes as pistas necesarias para atopar un sobre con xogos como trabalinguas, ordenar historietas, atopar erratas e crucigramas.
  • ATENCIÓN!! Poderá haber xogos en inglés (básico e intermedio) e francés (básico). Hai que completar TODOS os xogos no sobre!!!
  • En cada proba, anotarase o minuto exacto en que recibades as pistas e o minuto exacto en que rematedes os xogos. 
  • O equipo que remate as probas en menos tempo será o gañador e recibirá o tesouro. (Tamén haberá un pequeno tesouro para os equipos que rematen en segundo e terceiro lugar.)


A partir deste día comezaremos coa recollida solidaria de penso para a protectora. Ademais de penso, poderemos aportarmaterial de curas (gasas, vendas, betadine, auga oxixenada, luvas de látex, etc). 



Esperamos contar coa vosa participación, coma sempre.



Graciñas!


Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 1 de abril, non haberá clase coa profesora Rita Fernández. Lamentamos as molestias.