viernes, 15 de abril de 2016

Graciñas por nos acompañar no "Treasure Hound" a favor da Protectora do Morrazo

O profesorado da sección de Cangas da EOI de Vigo e a Protectora de Animais do Morrazo queremos darvos as grazas a todas as persoas que nos acompañastes o pasado mércores na tarde que dedicamos a esta asociación sen ánimo de lucro que leva a cabo unha labor tan imprescindible á vez que dura.

Graciñas!    Thanks a lot!    Merci beaucoup! 

A tarde comezou cunha charla informativa, á que a nosa compañeira Rita puxo voz, sobre a importancia da existencia de asociacións como a protectora para a protección e defensa dos animais. 



A protectora deunos a coñecer as diferentes iniciativas que leva a cabo para promover o respecto polos animais e a adopción responsable. 







Tivemos o pracer de contar coa participación de Sara, voluntaria da protectora e responsable da web e das redes sociais desta asociación,  e a súa boa amiga Tricky, adoptada da protectora e adiestrada para terapia con persoas. Grazas por nos acompañar! 


Ó rematar a charla, disfrutamos xuntos dun té e de doces ben saborosos... Moitas grazas ás persoas que, por iniciativa propia, trouxestes doces caseiros para a ocasión!

Despois de repoñer forzas... deu comezo o apaixonante "Treasure Hound". Moitas grazas a todas as persoas que participastes pola vosa motivación, implicación e actitude tan positiva! 

Velaquí os agasallos que a protectora preparou para a ocasión:



Velaquí os tres primeiros equipos clasificados cos seus máis que merecidos tesouros!:

1º equipo clasificado: The Boxers

2º equipo clasificado: The Chow-Chows

3º equipo clasificado: The Collies


Por suposto, houbo agasallos para o resto de participantes:

- The Pitbulls
- The Cockers
- The Beagles
- The Street Dogs



Graciñas a tod@s por participar!

Non podemos deixar de agradecer a Ana Pereira, voluntaria da protectora, a súa valiosa colaboración nesta iniciativa. Graciñas, Ana!

Agradecemento especial merece a nosa compañeira Eva Álvarez, profesora de inglés da sección, por todo o esforzo que dedicou na organización desta iniciativa. Thanks a lot, Eva! 

E agora... podemos seguir colaborando coa protectora participando na recollida solidaria de penso e material de curas que imos levar a cabo dende este luns 18 de abril no IES de Rodeira. 

Toda axuda para esta causa é pouca! Contamos con vós!


2 comentarios: