jueves, 22 de diciembre de 2011

Grazas por nos acompañar!

Queremos darvos as grazas a todos os que vos animastes a nos acompañar na nosa festa de Nadal, tanto no noso concurso de cociña coma no Pub Quiz.

Desde este blog agradecemos ó local Salason a súa colaboración en todo momento para que todos nós pasaramos un moi bo rato!

Felices Festas a todos.

sábado, 17 de diciembre de 2011

Festa de Nadal

O vindeiro mércores, 21 de decembro, contamos con todos vós para a nosa Festa de Nadal:

- 16:30: Concurso de cociña na sala de usos múltiples do IES de Rodeira
- 18:30: Pub Quiz no SalaSon (Rúa do Lirio, 30. Cangas)

Esperamos vervos a todos alí!

jueves, 15 de diciembre de 2011

Viaxe cultural

Á volta das vacacións de Nadal convocarase unha reunión informativa sobre a viaxe cultural deste curso destinada ó alumnado interesado en participar na dita viaxe.

Indicaremos a data e hora concretas para a reunión neste blog e no taboleiro da entrada do instituto.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Ausencia de profesorado

O vindeiro xoves, día 15 de decembro, non haberá clase de Inglés de Avanzado 1 e Básico 1 (grupo das 18:30-20:00) ó non poder asistir ás clases o profesor.