martes, 30 de octubre de 2012

Non haberá clase os días 1 e 2 de novembro

Recordade que non haberá clase os seguintes días:

- 1 de novembro: Día de Tódolos Santos (festivo)
- 2 de novembro: Día do Ensino (non lectivo)

Resolución dos cambios de grupo

Podedes consultar no taboleiro do IES de Rodeira a listaxe dos cambios de grupo concedidos.

lunes, 22 de octubre de 2012

Ausencia de profesorado

O vindeiro venres, 26 de outubro, non haberá clases de francés coa profesora Lucía Villamayor.

jueves, 11 de octubre de 2012

Cambio de grupo

Todo aquel alumnado que necesite cambiarse para un horario diferente ó do grupo no que se atopa matriculado debe realizar a correspondente solicitude na Xefatura de Estudos da sección  (ó lado da Conserxería).


Débese xustificar o motivo do cambio cos documentos xustificativos correspondentes.

Os cambios concederanse respectando a orde de presentación da solicitude e sempre que existan prazas vacantes no grupo ó que se quere acceder.  


Período de solicitude de cambio de grupo: do 17 ó 24 de outubro.

Publicación da resolución dos cambio de grupo: 31 de outubro.

martes, 9 de octubre de 2012

Non haberá clase o venres, 12 de outubro

Recordade que este venres, 12 de outubro, non haberá clase ó ser o día da Hispanidade.

lunes, 8 de octubre de 2012

Cambio de aula (09/10/2012)

Mañá martes, 9 de outubro, haberá cambios nas aulas dos seguintes profesores da  Escola Oficial de Idiomas:

- María Martínez (Intermedio 1): as clases terán lugar na aula 13 (2º andar).
- Xero Hernández (Básico 1 e Avanzado 2): as clases terán lugar na aula 15 (2º andar).
- Ana González (Básico 2):  as clases terán lugar na aula 17 (2º andar).

Este cambio é excepcional e afectará só ás clases do martes 9 de outubro.


jueves, 4 de octubre de 2012

Aviso importante: alumnado de Básico 1

É moi importante que o alumnado matriculado en Básico 1 a través da adxudicación de vacantes que tivo lugar esta semana traia consigo o primeiro día de clase o resgardo de matrícula no cal figura o código do grupo no que se atopa matriculado. O dito código é necesario para localizar o grupo que vos corresponde.

miércoles, 3 de octubre de 2012

Horario de atención da Xefatura de Estudos. Curso 2012-2013.

O horario de atención ó público da Xefatura de Estudos durante o curso académico 2012-2013 será o seguinte:

  • Luns de 18:30 a 20:00
  • Martes de 16:00 a 17:00
  • Xoves de 18:00 a 19:00

Recordade que tamén tedes o enderezo electrónico da sección de Cangas á vosa disposición:

eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es

Adxudicación de vacantes

Ata o día 15 de outubro continuaranse adxudicando as prazas que quedaron vacantes nos diferentes idiomas e cursos. 

As persoas interesadas deben dirixirse á sede central da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (C/Martínez Garrido, 17).

Non é necesario levar ningunha documentación para reservar a praza. A dita documentación terá que presentarse posteriormente, no momento da formalización da matrícula na Secretaría da sede central, no prazo que vos indiquen no momento da adxudicación da vancate.