martes, 26 de diciembre de 2017

VIII Pub Quiz: Grazas por nos acompañar

Un ano máis, o profesorado da sección de Cangas da EOI de Vigo queremos agradecervos de corazón a vosa implicación na VIII edición do noso xa tradicional Pub Quiz de Nadal. Grazas á vosa participación, motivación e entusiasmo, esta actividade está a se converter no mellor xeito de dar a benvida ó Nadal curso tras curso.



O noso agradecemento máis especial vai dirixido a Fernando Graña, director do Hotel Airiños, que ano tras ano nos brinda un inmellorable apoio e un trato impecable, e a José Antonio Collazo López, anglofalante nativo, que sempre nos regala o seu entusiasmo e ameniza o quiz do mellor xeito posible. Graciñas!


Igualmente especial é o noso agradecemento a Bernardo Alonso Álvarez, alumno da sección de Cangas e estupendo animador francófono do pub quiz. 

Este ano, ademáis, contamos coa actuación estelar dos Mechanical Rattlesnake en rigoroso directo. Bravo!

Mechanical Rattlesnake



Mechanical Rattlesnake, presentando en exclusiva o seu tema propio "They Won't".

Mechanical Rattlesnake, versionando o célebre tema "American Woman".

Bravo!


Estas foron algunhas das preguntas que os participantes responderon durante o quiz:

















E velaquí os campións desta edición: "The Dream Team": Alondra Montoya, Gabriel Villar, Ana Gil, Enrique Paredes, Cintia Costa, Antonio Franco, Raquel Graña, Susana Costa e Martín Otero. Parabéns!


Os membros do equipo gañador recibiron como agasallo da escola un precioso caderno feito a man polas artesás de Iroma Artesanía, que un novo ano nos sorprenderon coa súa grande creatividade e bo facer.


Non nos queda máis que reiterar o noso sincero agradecemento a todas as persoas que facedes posible o noso tradicional Pub Quiz de Nadal. De parte de todo o profesorado da sección de Cangas da EOI de Vigo...

lunes, 18 de diciembre de 2017

Rifa gañadora da recollida para o Comedor Social

No sorteo público realizado hoxe, resultou premiada cunha cestiña de produtos ecolóxicos cortesía de Shambala a rifa número 11. A persoa posuidora da dita rifa debe presentala en Shambala para recibir o seu agasallo. 

Un ano máis, mil grazas a todas as persoas que colaborastes con nós nesta iniciativa!

martes, 12 de diciembre de 2017

VIII Pub Quiz de Nadal



Celebra o Nadal coa VIII edición do noso tradicional Pub Quiz!

Animádevos a celebrar a chegada do Nadal participando na VIII edición do noso tradicional Pub Quiz, o xoves 21 de decembro ás 18:00h no Hotel Airiños. 

Apuntádevos por equipos nas táboas que podedes atopar no taboleiro do IES de Rodeira, con compañeir@s de distintos cursos e idiomas (inglés-francés) para formar equipos o máis heteroxéneos posible.

Recordade que no caso do alumnado menor de idade tedes que entregar a autorización asinada pola vosa familia para poder participar na actividade. O profesorado vola proporcionará na clase.

Haberá premio especial para os integrantes do equipo gañador e tamén agasallos para os participantes, ademáis de moi bo ambiente, música e moita diversión!

Este ano, como novidade, animamos ó antigo alumnado e persoas acompañantes a participar no pub quiz. Lembrade que nese caso tamén precisamos que se anoten nos equipos no taboleiro da entrada. 

E ademáis... actuacións musicais sorpresa durante o pub quiz.

Agradámosvos!