miércoles, 28 de febrero de 2018

Clase de ioga con Paddy Reid

Graciñas por nos acompañar nunha nova ocasión na estupenda clase de ioga ofrecida polo profesor titulado Paddy Reid
É un pracer para nós que o noso esforzo por vos ofrecer actividades culturais de calidade atope no voso apoio a nosa recompensa.


















Graciñas!

martes, 20 de febrero de 2018

Concurso de microrrelatos 2017/2018

Botádelle aquí un ollo á información sobre o concurso de microrrelatos que organiza a EOI de Vigo. 

Contamos coa vosa participación!

Ausencia de profesorado

Informámosvos de que non haberá clase coa profesora Alma Álvarez o vindeiro mércores, 21 de febreiro. Lamentamos as molestias. 

martes, 6 de febrero de 2018

Clase de ioga en inglés con Paddy Reid

Nunha nova ocasión, animámosvos a participar nunha divertida clase de ioga en inglés co profesor Paddy Reid. Invitámosvos a que traiades acompañante, se así o desexades. Agradecémosvos moito que vos apuntedes na táboa que atoparedes no taboleiro da vosa aula co fin de que poidamos conseguir a mellor organización posible da actividade. 

Agardámosvos!