viernes, 28 de septiembre de 2012

Ausencia de profesorado

O vindeiro luns, 1 de outubro, non haberá clase de Intermedio 1 (Francés) coa profesora Lucía Villamayor.

Ausencia de profesorado

Hoxe venres non haberá clase de inglés do curso Avanzado 2 co profesor Xero Hernández.

viernes, 21 de septiembre de 2012

Horarios da sección de Cangas (curso 2012/2013)

Podedes consultar aquí os horarios da sección de Cangas para o curso 2012-2013, o profesorado responsable de cada curso e a aula na que se imparten as clases.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Adxudicación de vacantes

Recordade que o alumnado que non obtivo praza no sorteo dos días 13 de setembro (francés) e 18 de setembro (inglés) ten unha nova oportunidade na adxudicación de vacantes, cuxas datas podedes consultar na páxina web da EOI de Vigo. A dita adxudicación realizarase na sede central da escola (C/Martínez Garrido, 17) por estrita orde de chegada, a partir das 9.00 horas.

Comezo das clases

Podedes consultar aquí as datas de comezo das clases para os diferentes idiomas e niveis. Recordade que vos incorporades o primeiro día que teñades clase segundo o voso horario a partir da data indicada.

martes, 11 de septiembre de 2012

Revisión Básico 1 e Avanzado 1 (Inglés)

A profesora Beatriz Palmeiro non poderá asistir hoxe á revisión de Básico 1 e Avanzado 1. A dita revisión terá lugar mañá,12 de setembro, ás 16:00 horas na aula 11.