viernes, 27 de noviembre de 2009

Aulas na rúa

O próximo martes día 1 organizamos a actividade "Aula na rúa". Faremos unha clase diferente na alameda de Cangas os de inglés e os de francés.

Os grupos que empezades as 17:00 acudide ó IES Rodeira en horario normal, para que vos dean as instruccións e podermos sair ás 17:30 cara o centro.

Aqueles que teñades clase ás 18:30 ou 19:15 ide directamente ó palco da alameda.

Os que non teñades clase ese día, tamén estades invitados a participar.

Aviso para os menores: É imprescindible que traiades unha autorización asinada polos vosos pais, nais ou titores para poder acompañarnos. Podedes recollela en xefatura da EOI ou pedirlla á vosa profesora o luns e traela o martes sen falta, do contrario teredes que quedar no IES.

Acabaremos sobre ás 20:00 cun chocolate con churros e voltaremos para clase.

(Se sabedes dalgún compañeiro/a que non viñera a clase últimamente, chamádeo/a e informádeo/a...)

En caso de termos que cancelar a actividade por mor do tempo, avisariamos neste mesmo blog, e habería clases normais.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Ausencia de profesorado

Por un erro informático cometido por un humano, non quedou publicada a entrada de onte que anunciaba que hoxe xoves non había clase de Intermedio 1 coa profesora María Martínez. Disculpade as molestias aqueles que viñestes.
Aínda non hai profesor sustituto nomeado, polo que mañá venres tampouco haberá clase neses grupos.

viernes, 20 de noviembre de 2009

Ausencia de profesorado

A profesora María Martínez (Intermedio 1 inglés) non poderá asistir a clase os días 23, 24, e 25 de Novembro.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Clase de francés

Hoxe Xoves 12 de Novembro sí haberá clase de francés coa profesora Marianne no horario habitual.

lunes, 9 de noviembre de 2009

Obradoiros en marcha!

Este ano só podemos ofertar dous obradoiros, ambos de comprensión e expresión oral, un de nível básico e outro de intermedio. Aqueles que estades matriculados lembrade que o horario é o seguinte:
Básico - Mércores e Xoves de 17:00 a 18:30,
Intermedio - Mércores e Venres de 18:30 a 20:00.

Só tedes que asisitir a un dos dous días.

Enjoy!

jueves, 5 de noviembre de 2009

Ausencia de profesorado

A profesora Uxía Fonseca non poderá asistir a clase hoxe xoves 5 de Novembro, nin mañá Venres 6.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Ausencia de profesorado

A profesora Uxía Fonseca non asistirá a clase hoxe mércores 4 de Novembro.