viernes, 27 de noviembre de 2009

Aulas na rúa

O próximo martes día 1 organizamos a actividade "Aula na rúa". Faremos unha clase diferente na alameda de Cangas os de inglés e os de francés.

Os grupos que empezades as 17:00 acudide ó IES Rodeira en horario normal, para que vos dean as instruccións e podermos sair ás 17:30 cara o centro.

Aqueles que teñades clase ás 18:30 ou 19:15 ide directamente ó palco da alameda.

Os que non teñades clase ese día, tamén estades invitados a participar.

Aviso para os menores: É imprescindible que traiades unha autorización asinada polos vosos pais, nais ou titores para poder acompañarnos. Podedes recollela en xefatura da EOI ou pedirlla á vosa profesora o luns e traela o martes sen falta, do contrario teredes que quedar no IES.

Acabaremos sobre ás 20:00 cun chocolate con churros e voltaremos para clase.

(Se sabedes dalgún compañeiro/a que non viñera a clase últimamente, chamádeo/a e informádeo/a...)

En caso de termos que cancelar a actividade por mor do tempo, avisariamos neste mesmo blog, e habería clases normais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario