lunes, 21 de diciembre de 2009

Urxente: Suspensión de clases

URXENTE: Quedan suspendidas as clases hoxe luns 21 de decembro. O tellado do pavillón de deportes desprendeuse e os bombeiros aconsellaron pechar o centro durante as labores de limpeza por motivos de seguridade.

Queda, por tanto, adiada a reunión sobre a viaxe a Londres, que faremos mañá martes ás 17:30.

Lembrade que mañá celebramos a festa de Nadal con festival de cine, xogos e actividades a partir das 17:00. Traede algo de comer ou beber para compartir cos vosos compañeiros e animádevos a vir a pasar un bo rato cos compañeiros e profesores.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Viaxe EOI

Aquelas persoas interesadas na viaxe acudide o luns ás 17:45 á sala de usos múltiples do IES Rodeira para participar nunha reunión informativa.

martes, 15 de diciembre de 2009

Suspensión de clases día 16

15/12/2009: URXENTE: A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro. Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.

Aulas na rúa e festa de Nadal

Moitísimas grazas a tod@s @s que participastes en "Aulas na rúa". Para ser as primeiras actividades deste tipo que organizamos estamos moi contentos cos resultados e penso que pasamos un bo rato.

Lembrade que o martes 22 será a festa de Nadal. Ó longo desta semana recibiredes información das actividades que organizaremos.

Moitas grazas de novo.

jueves, 10 de diciembre de 2009

Aulas na rúa martes 15 de decembro

Aproveitando que seica a chuvia vai dar unha pequena tregua, o próximo martes día 15 organizamos de novo a actividade "Aula na rúa".

Os grupos que empezades as 17:00 acudide ó IES Rodeira en horario normal, para que vos dean as instruccións e podermos sair ás 17:30 cara o centro.

Aqueles que teñades clase ás 18:30 ou 19:15 ide directamente ó palco da alameda.

Os que non teñades clase ese día, tamén estades invitados a participar.

Aviso para os menores: É imprescindible que traiades unha autorización asinada polos vosos pais, nais ou titores para poder acompañarnos. Podedes recollela en xefatura da EOI ou pedirlla á vosa profesora e traela o martes sen falta, do contrario teredes que quedar no IES.

Acabaremos sobre ás 20:00 cun chocolate con churros e voltaremos para clase.

(Se sabedes dalgún compañeiro/a que non viñera a clase últimamente, chamádeo/a e informádeo/a...)

En caso de termos que cancelar a actividade por mor do tempo, avisariamos neste mesmo blog, e habería clases normais.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Viaxe a Londres

Queremos organizar unha viaxe a Londres do 17 ó 21 de Marzo, ¿apúntaste?

O prezo rondará os 370€ * e inclúe:

• Traslado Cangas – Oporto e Oporto – Cangas en autobús.
• Vo directo de ida e volta Oporto- Londres.
• Traslado ó hotel.
• Aloxamento en hotel de 3 estrelas con almorzo.
• Seguro de viaxe.

Unha vez alí visitaremos os sitios máis típicos e disfrutaremos da vida e a cultura da cidade máis exciting do Reino Unido.

Se tes esas datas libres… non o dubides. ¡Apúntate xa! Canto antes reservemos máis barato será… Consulta o tablón da EOI (a carón das escaleiras).


* O prezo poderá variar dependendo de cando collamos os billetes.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Listados de alumnos

Hai novas listaxes de alumnos. Por favor, comprobade que estades ben matriculados na vosa banda horaria.

Ausencia de profesorado

A profesora María Balea (Intermedio 2) non poderá asistir a clase mañá xoves 3 de decembro.

martes, 1 de diciembre de 2009

Sustituto Maria Martinez

Xa hai sustituto para intermedio 1.Chega hoxe martes as 17:30.

Cancelaci'on

A actividae "Aulas na rua" queda suspendida por mor do mal tempo.
Acudide a clase normalmente no horario habitual.