jueves, 22 de diciembre de 2016

Grazas por nos acompañar un Nadal máis!

Unha vez máis, queremos darvos as grazas por nos acompañar no noso tradicional pub quiz de Nadal. Xa imos pola 7ª edición! Non habería mellor xeito de deserxarvos moi bo Nadal e feliz Aninovo.





Pasamos unha tarde ben divertida, o cal non sería posible sen a excelente organización do evento por parte do Hotel Airiños. En especial, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Fernando Graña. Este Nadal novamente, moitas grazas, Fernando!


O pub quiz de Nadal non sería o mesmo sen o noso presentador oficial: Joe! Moitas grazas pola túa entrega, Nadal tras Nadal!



Foi unha tarde con música, moi bo ambiente e diversión, na que os equipos fixeron un moi bo traballo respondendo a preguntas de distintos temas:

  • Linguaxe:

  • Xeografía:



  • Crebacabezas e adiviñas:



  • Música e cine:



    

  • Cultura xeral:




  • Persoeiros:



Todos os equipos fixeron un gran traballo, pero o Team 5 foi o xusto gañador do quiz. Noraboa!


E os integrantes do dito equipo recibiron o seu merecido premio:




Pero ningunha das persoas que participaron no quiz marchou coas mans baleiras. Sorteáronse unha morea de agasallos, cortesía do Hotel Airiños.





Joe non tivo descanso!



En definitiva, unha gran tarde para celebrar o comezo do Nadal do mellor xeito posible.

Moitas grazas e...

Bo Nadal! Joyeux Noël! Merry Christmas!


miércoles, 21 de diciembre de 2016

VII Pub Quiz de Nadal

Xa temos os agasallos preparados para esta tarde! Seredes vós os gañadores do quiz? Haberá agasallos para os equipos participantes e, o máis importante, moi bo ambiente, música e diversión.

Recordade! Hoxé mércores, 21 de decembro, ás 18:00 no Hotel Airiños.

Agardámosvos! 

Recollida solidaria para o comedor social. Grazas!

Queremos darvos as grazas por participar na recollida solidaria a favor do comedor social de Cangas. Grazas á vosa colaboración, vimos de doar todos estes alimentos e xoguetes ó comedor social.

Recordade! As rifas premiadas no sorteo foron as seguintes:

- nº 10: cestiña de produtos ecolóxicos cortesía de Shambala.
- nº 11: agasallo especial cortesía de Agarimo Regalos.

Pasade polo establecemento correspondente e presentade a rifa premiada para recoller o agasallo. 



viernes, 16 de diciembre de 2016

Viaxe a Tokyo

A EOI de Vigo organiza unha viaxe cultural a Tokyo. O prazo de reservas remata o vindeiro luns, 19 de decembro. 

Viaxe a País de Gales e sur de Inglaterra

Este curso a EOI de Vigo organiza unha viaxe cultural a País de Gales e sur de Inglaterra. O prazo de reservas finaliza o vindeiro mércores, 21 de decembro. 


Podedes consultar o itinerario e toda a información detallada premendo aquí

Recollida comedor social. Rifas premiadas.

No sorteo público que vimos de levar a cabo resultaron premiadas as seguintes rifas coas seguintes agasallos:

- Rifa nº 10: premiada cunha cestiña de productos ecolóxicos cortesía de Shambala
- Rifa nº 11: premiada cun agasallo especial cortesía de Agarimo Regalos

Presentade a rifa premiada no establecemento correspondente para recibir o voso agasallo.

O profesorado da sección de Cangas da EOI de Vigo queremos agradecer a todas as persoas que participastes na recollida solidaria a vosa contribución. 


Graciñas! 

miércoles, 14 de diciembre de 2016

VII pub quiz de Nadal da sección de Cangas



Vén celebrar o Nadal co noso tradicional Pub Quiz!
Animádevos a celebrar o Nadal participando na VII edición do noso tradicional pub quiz, o mércores 21 de decembro ás 18:00h no Hotel Airiños

Apuntádevos por equipos nas táboas que podedes atopar no taboleiro do IES de Rodeira, con compañeir@s de distintos cursos e idiomas (inglés-francés) para formar equipos o máis heteroxéneos posible.

Recordade que no caso do alumnado menor de idade tedes que entregar a autorización asinada pola vosa familia para poder participar na actividade. A vosa profesora vola proporcionará na clase.

Haberá premio especial para os integrantes do equipo gañador e tamén agasallos para os participantes, ademais de moi bo ambiente, música e moita diversión!





jueves, 1 de diciembre de 2016

Ausencia de profesorado

Hoxe xoves, 1 de decembro, non haberá clase de Intermedio 2 (inglés). Lamentamos as molestias.