jueves, 22 de diciembre de 2016

Grazas por nos acompañar un Nadal máis!

Unha vez máis, queremos darvos as grazas por nos acompañar no noso tradicional pub quiz de Nadal. Xa imos pola 7ª edición! Non habería mellor xeito de deserxarvos moi bo Nadal e feliz Aninovo.





Pasamos unha tarde ben divertida, o cal non sería posible sen a excelente organización do evento por parte do Hotel Airiños. En especial, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Fernando Graña. Este Nadal novamente, moitas grazas, Fernando!


O pub quiz de Nadal non sería o mesmo sen o noso presentador oficial: Joe! Moitas grazas pola túa entrega, Nadal tras Nadal!



Foi unha tarde con música, moi bo ambiente e diversión, na que os equipos fixeron un moi bo traballo respondendo a preguntas de distintos temas:

  • Linguaxe:

  • Xeografía:



  • Crebacabezas e adiviñas:



  • Música e cine:



    

  • Cultura xeral:




  • Persoeiros:



Todos os equipos fixeron un gran traballo, pero o Team 5 foi o xusto gañador do quiz. Noraboa!


E os integrantes do dito equipo recibiron o seu merecido premio:




Pero ningunha das persoas que participaron no quiz marchou coas mans baleiras. Sorteáronse unha morea de agasallos, cortesía do Hotel Airiños.





Joe non tivo descanso!



En definitiva, unha gran tarde para celebrar o comezo do Nadal do mellor xeito posible.

Moitas grazas e...

Bo Nadal! Joyeux Noël! Merry Christmas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario