miércoles, 14 de diciembre de 2016

VII pub quiz de Nadal da sección de Cangas



Vén celebrar o Nadal co noso tradicional Pub Quiz!
Animádevos a celebrar o Nadal participando na VII edición do noso tradicional pub quiz, o mércores 21 de decembro ás 18:00h no Hotel Airiños

Apuntádevos por equipos nas táboas que podedes atopar no taboleiro do IES de Rodeira, con compañeir@s de distintos cursos e idiomas (inglés-francés) para formar equipos o máis heteroxéneos posible.

Recordade que no caso do alumnado menor de idade tedes que entregar a autorización asinada pola vosa familia para poder participar na actividade. A vosa profesora vola proporcionará na clase.

Haberá premio especial para os integrantes do equipo gañador e tamén agasallos para os participantes, ademais de moi bo ambiente, música e moita diversión!





No hay comentarios:

Publicar un comentario