jueves, 29 de septiembre de 2016

Horario de titorías 2016-2017

Podedes consultar aquí o horario de titorías do profesorado para o curso 2016-2017.

lunes, 26 de septiembre de 2016

Adxudicación de prazas vacantes

Unha vez rematados, o día 29 de setembro, os prazos de matrícula on line, todas as prazas serán adxudicadas desde a secretaría do centro por orde de chegada.

O día 30 de setembro ás 23:59 publicaranse as vacantes nos taboleiros e na páxina web de Escola.

O día 3 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés para aquel alumnado que fixo preinscrición e non obtivo praza ou non formalizou a matrícula no seu prazo.

O día 4 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés. Non é necesario ter feita a preinscrición.

O día 5 de outubro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas, agás inglés, para aquel alumnado que fixo preinscrición e non obtivo praza ou non formalizou a matrícula no seu prazo.

O día 6 de outubro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas. Non é necesario ter feita a preinscrición.

Ata o 11 de outubro continuaranse adxudicando as vacantes de todos os idiomas. Non é necesario ter feita a preinscrición.

NOTA: Na adxudicación dos días 3 e 5 de outubro é imprescindible traer o resgardo da  preinscrición. Nas demais adxudicacións non se necesita traer ningunha documentación.

miércoles, 7 de septiembre de 2016

Curso 2016-2017. Comezo das clases

Podedes consultar aquí as datas de comezo das clases segundo o idioma e nivel. Tede en conta os días da semana que ten clase o voso grupo.