lunes, 26 de septiembre de 2016

Adxudicación de prazas vacantes

Unha vez rematados, o día 29 de setembro, os prazos de matrícula on line, todas as prazas serán adxudicadas desde a secretaría do centro por orde de chegada.

O día 30 de setembro ás 23:59 publicaranse as vacantes nos taboleiros e na páxina web de Escola.

O día 3 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés para aquel alumnado que fixo preinscrición e non obtivo praza ou non formalizou a matrícula no seu prazo.

O día 4 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés. Non é necesario ter feita a preinscrición.

O día 5 de outubro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas, agás inglés, para aquel alumnado que fixo preinscrición e non obtivo praza ou non formalizou a matrícula no seu prazo.

O día 6 de outubro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas. Non é necesario ter feita a preinscrición.

Ata o 11 de outubro continuaranse adxudicando as vacantes de todos os idiomas. Non é necesario ter feita a preinscrición.

NOTA: Na adxudicación dos días 3 e 5 de outubro é imprescindible traer o resgardo da  preinscrición. Nas demais adxudicacións non se necesita traer ningunha documentación.

1 comentario:

  1. cando se van publicar as vacantes na eoi de Vigo? Aínda non as puxeron!

    ResponderEliminar