miércoles, 27 de junio de 2012

Convocatoria de setembro dos cursos de promoción (Básico 1, Intermedio 1 e Avanzado 1)

Xa podedes consultar as datas dos exames de setembro dos cursos Básico 1, Intermedio 1 e Avanzado 1 de inglés e francés na sección de Cangas.

- Calendario de exames de setembro

- Datas de publicación de notas e revisión




lunes, 25 de junio de 2012

Preinscrición e matrícula 2012-2013

Podedes atopar toda a información relativa ó proceso de preinscrición e matrícula para o vindeiro curso 2012-2013 na páxina web da EOI de Vigo. Podedes clicar nos seguintes enlaces para acceder á seguinte información:

- Resumo da información sobre a preinscrición e matrícula para o vindeiro curso.

- Oferta de grupos e horarios para o curso 2012-2013 na sección de Cangas.


- Táboa oficial de validacións para acceder a un curso distinto de Básico 1.

jueves, 21 de junio de 2012

CENTROSNET

A aplicación CentrosNet volve estar operativa. Podedes consultar as vosas notas en liña.

miércoles, 20 de junio de 2012

IMPORTANTE: NOTAS CERTIFICACIÓN

Durante os días 20, 21 e 22 de xuño a aplicación de CentrosNet permanecerá bloqueada debido a problemas técnicos alleos ao centro. Podedes consultar as notas das probas de certificación no taboleiro de anuncios do IES de Rodeira.

viernes, 8 de junio de 2012

Revisión da proba de certificación de nivel Intermedio (Inglés)

Por cuestións organizativas, a revisión da proba de certificación do nivel Intermedio (Inglés) realizarase o día 21 de xuño ás 18:00 horas.

Revisión da proba de certificación do nivel Intermedio (Francés)

Por razóns de tipo organizativo, a revisión da proba de certificación do nivel Intermedio (Francés) realizarase o día 13 de xuño ás 17:30 horas.

lunes, 4 de junio de 2012

Revisión de exames de Básico 1 Inglés (grupo de Sandra Vázquez)

O alumnado de Básico 1 de Inglés (grupo dos luns, mércores e xoves  de 20:00 a 21:30) podedes vir revisar o voso exame final o vindeiro xoves, 7 de xuño, ás 20:00 horas na aula 9.


viernes, 1 de junio de 2012

Horario de atención da Xefatura de Estudos durante o mes de xuño

Durante o mes de xuño o horario de atención ó público da Xefatura de Estudos está suxeito a cambios debido á realización das probas de certificación. Recoméndase solicitar cita previa a través do correo electrónico da sección: eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es.