jueves, 21 de noviembre de 2013

Recollida de penso solidaria a favor da Protectora de Animais do Morrazo




A nosa iniciativa...
Dende a Sección de Cangas da EOI de Vigo queremos levar a cabo unha iniciativa solidaria a favor da Protectora de Animais do Morrazo.

Por que colaborar?
Moitos de nós xa colaboramos a nivel individual con esta asociación, que sen pedir nada a cambio dá abeiro e protección a centos de cans abandonados.  E aínda que calquera axuda supón un gran alivio para eles, non é suficiente en proporción ás súas necesidades.
Por iso queremos animar a todas as persoas a que nos botedes unha man nesta  iniciativa coa que pretendemos reunir penso para poder dar alimento ós centos de cans que a protectora acobexa. Que todos eles poidan comer a diario é todo un reto...
Como podo colaborar? 
A partir do próximo luns 25 de novembro poderedes atopar unha caixa na entrada do instituto para que as persoas que desexemos colaborar depositemos unha bolsa de penso pechada (na cantidade que cada un poida). Cada día recolleremos o penso que se doe durante a xornada, por razóns de salubridade no centro. Ó remate desta campaña, entregaremos directamente á protectora o penso que entre todos consigamos reunir.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

martes, 19 de noviembre de 2013

Viaxe a Edimburgo (1-5 de maio)

Podedes consultar aquí toda a información sobre a viaxe a Edimburgo (1-5 de maio).

martes, 12 de noviembre de 2013

Servizo de préstamo da biblioteca

Xa podedes levar libros en préstamo da biblioteca. Neste curso, o horario do servizo de préstamo é o seguinte:

- Martes de 16:00 a 16:55
- Mércores de 18:15 a 19:10
- Xoves de 17:30 a 18:25
- Venres de 18:15 a 19:10