miércoles, 19 de diciembre de 2018

Actuación estelar dos Penthouse Roots no noso IX Pub Quiz!

Xa vos podemos desvelar a actuación estelar que teremos a sorte de vos ofrecer no noso IX Pub Quiz de Nadal, o vindeiro venres, día 21 no Salason (18:00). Non faltedes!


martes, 18 de diciembre de 2018

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 18 de decembro, non haberá clase coa profesora María Núñez Riobó. Lamentamos as molestias.

martes, 11 de diciembre de 2018

Ausencia de profesorado

O vindeiro xoves, 13 de decembro, non haberá clase de francés coa profesora Silvia García. Lamentamos as molestias.

IX Pub Quiz de Nadal

Xa está aquí! A IX edición do noso tradicional Pub Quiz de Nadal! Nesta ocasión, festexaremos a chegada do Nadal o vindeiro 21 de decembro ás 18:00 h no Salason (Rúa do Lirio, Cangas). Non faltedes! Haberá agasallos sorpresa, premio especial para o equipo gañador e unha actuación musical estelar que pronto vos desvelaremos!

Apuntádevos por equipos heteroxéneos en canto a idioma e curso no taloleiro do IES de Rodeira. 

Agardámosvos!







lunes, 3 de diciembre de 2018

A nosa iniciativa na prensa local!

A nosa III Recollida Solidaria a favor do Comedor Social de Cangas na prensa local.

Contamos con tod@s vós para facer que esta iniciativa axude por terceiro ano consecutivo ó maior número de persoas. 

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/12/02/seccion-escuela-oficial-idiomas-organiza/2009275.html

jueves, 29 de noviembre de 2018

III Recollida solidaria para o Comedor Social de Cangas

Por terceiro ano consecutivo, contamos con todo o noso alumnado para sacar adiante esta iniciativa solidaria.


miércoles, 28 de noviembre de 2018

Ausencia de profesorado

O vindeiro luns, 3 de decembro, non haberá clase coa profesora Marta Gesto. Lamentamos as molestias. 

miércoles, 21 de noviembre de 2018

Ausencia de profesorado

Mañá xoves, 22 de novembro, non haberá clase coa profesora Silvia García (francés). Lamentamos as molestias. 

martes, 6 de noviembre de 2018

Peche de biblioteca o vindeiro 8 de novembro

O vindeiro xoves, 8 de novembro, a biblioteca permanecéra pechada. Lamentamos as molestias.

Ausencia de profesorado

O vindeiro xoves, 8 de novembro, non haberá clase coa profesora Aurora Camstra. Lamentamos as molestias.

martes, 30 de octubre de 2018

Horario biblioteca 2018-2019

Durante o curso 2018-2019, o horario do servizo de préstamo da biblioteca será o seguinte:

- Luns: 18:15-19:15
- De martes a venres: 16:00-17:00

2 de novembro: non lectivo na sección de Cangas

O vindeiro venres, 2 de novembro, é non lectivo na sección de Cangas. Podedes consultar o calendario académico aquí.

miércoles, 3 de octubre de 2018

Ausencia de profesorado

Mañá xoves, 4 de outubro, non haberá clase de inglés coa profesora María del Carmen Núñez Riobó. Desculpade as molestias.

lunes, 24 de septiembre de 2018

Ausencia de profesorado

O venres, 28 de setembro, non haberá clase coa profesora Beatriz Varela. Disculpade as molestias.

viernes, 21 de septiembre de 2018

Grupos, aulas e profesorado. Curso 2018-2019

Consultade aquí a información sobre os horarios, as aulas e o profesorado de cada grupo.



Comezo das clases. Curso 2018-2019

Podedes consultar aquí as datas de comezo das clases do curso académico 2018-2019.

miércoles, 16 de mayo de 2018

Horario Xefatura - venres, 18 de maio

O vindeiro venres, 18 de maio, non haberá horario de atención ó público da Xefatura de Estudos. Lamentamos as molestias. 

martes, 15 de mayo de 2018

Ausencia de profesorado

Este venres, 18 de maio, non haberá clase de inglés coas profesoras Alma Álvarez e Ana González. Lamentamos as molestias. 

Ausencia de profesorado

Este mércores, 16 de maio, non haberá clase co profesor Agustín Vilariño (francés). Lamentamos as molestias. 

miércoles, 25 de abril de 2018

The History of Tea

Grazas por nos acompañar unha vez máis nas actividades culturales que vos ofrecemos.

Nesta ocasión, pasamos unha tarde máis que agradable coa actividade "The History of Tea", na que a profesora Beatriz Varela compartiu con nós información máis que interesante e curiosidades sobre a orixe e a historia do té, así coma o papel tan relevante que ocupa na cultura anglosaxona. 




Degustamos diferentes variedades de té, directamente chegadas de Inglaterra, e os deliciosos doces que vós elaborastes para o concurso de sobremesas.

De seguro repetiremos!

GRAZAS!

martes, 24 de abril de 2018

Ausencia de profesorado

Mañá mércores, 25 de abril, non haberá clase coa profesora Aurora Camstra. Lamentamos as molestias. 

Ponte de maio

Recordade que non haberá clase os vindeiros días:

- luns, 30 de abril (día de libre disposición do centro)
- martes, 1 de maio (non lectivo)

martes, 10 de abril de 2018

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 10 de abril, non haberá clase coa profesora Beatriz Varela. Lamentamos as molestias. 

lunes, 9 de abril de 2018

Ausencia de profesorado

Hoxe luns, 9 de abril, non haberá clase coa profesora Beatriz Varela. Lamentamos as molestias. 

martes, 3 de abril de 2018

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 3 de abril, non haberá clase coa profesora Noemí Ignacio. Lamentamos as molestias. 

miércoles, 21 de marzo de 2018

Vacacións de Semana Santa

Recordade que non haberá clase entre os días 23 de marzo (Venres de Dores, festividade local) e 2 de abril (luns de Pascua, non lectivo). 

Probas de certificación. Prazo de matrícula libre

O prazo para formalizar matrícula por libre para as probas de certificación (xuño 2018) será do 3 ó 20 de abril. Podedes consultar toda a inforamción aquí

III concurso "O Ollo de Vidro"

Podedes atopar toda a información aquí.

martes, 13 de marzo de 2018

Saímos na prensa!

Aquí podedes ler a reportaxe que nos dedica hoxe o Faro de Vigo-Edición Morrazo á sección de Cangas. 

miércoles, 28 de febrero de 2018

Clase de ioga con Paddy Reid

Graciñas por nos acompañar nunha nova ocasión na estupenda clase de ioga ofrecida polo profesor titulado Paddy Reid
É un pracer para nós que o noso esforzo por vos ofrecer actividades culturais de calidade atope no voso apoio a nosa recompensa.


















Graciñas!

martes, 20 de febrero de 2018

Concurso de microrrelatos 2017/2018

Botádelle aquí un ollo á información sobre o concurso de microrrelatos que organiza a EOI de Vigo. 

Contamos coa vosa participación!

Ausencia de profesorado

Informámosvos de que non haberá clase coa profesora Alma Álvarez o vindeiro mércores, 21 de febreiro. Lamentamos as molestias. 

martes, 6 de febrero de 2018

Clase de ioga en inglés con Paddy Reid

Nunha nova ocasión, animámosvos a participar nunha divertida clase de ioga en inglés co profesor Paddy Reid. Invitámosvos a que traiades acompañante, se así o desexades. Agradecémosvos moito que vos apuntedes na táboa que atoparedes no taboleiro da vosa aula co fin de que poidamos conseguir a mellor organización posible da actividade. 

Agardámosvos!