martes, 30 de abril de 2013

Calendario certificación 2013

Podedes consultar aquí o calendario das probas de certificación 2013 (convocatoria ordinaria de xuño e extraordinaria de setembro no caso do alumnado oficial, e convocatoria única no mes de xuño para o alumnado libre). Estas datas refírense á sesión das partes escritas (comprensión de lectura, expresión escrita e comprensión oral). 

Polo momento as datas correspondentes ás probas orais están fixadas só para o alumnado libre. O alumnado oficial debedes agardar a publicación da data para o voso exame oral. 

Segundo a Circular 1/2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa as probas de expresión e interacción oral serán fixadas por cada EOI e deberán facerse públicas cando menos cunha semana de antelación con respecto á de realización da proba. Poderán realizarse antes ou despois das probas escritas.

lunes, 29 de abril de 2013

Matrícula libre para as probas de certificación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo de matrícula libre para as probas de certificación do curso 2012-2013: do 26 de abril ata as 12:00 da mañá do 10 de maio, ambos incluídos.

Consultade a web da EOI de Vigo para obter información detallada sobre a matrícula, sobre os exames ou para ler a  Circular 1/2013 que regula as probas e a matrícula de certificación. 

Tedes tamén dispoñibles as guías para as persoas candidatas, nas que atoparedes información relevante sobre o voso exame de certificación.

Recordamos ao alumnado de réxime libre que as probas terán lugar no mes de xuño en convocatoria única (non haberá convocatoria extraordinaria en setembro para o alumnado libre), de acordo co establecido na devandita circular e no artigo 3 da Orde do 19/04/2012.

jueves, 25 de abril de 2013

Ausencia de profesorado

Hoxe xoves, 25 de abril, non haberá clase coa profesora Beatriz Varela.

viernes, 19 de abril de 2013

Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 19 de abril, non haberá clase co profesor Xero Hernández.

miércoles, 10 de abril de 2013

Aviso importante: servizo de préstamo da biblioteca

O servizo de préstamo da biblioteca remata o vindeiro 2 de maio.

Podedes devolver os libros que teñades en préstamo ata o 10 de maio.

viernes, 5 de abril de 2013

Renuncia á matrícula oficial

Recordade que o prazo para renunciar á matrícula é ata o vindeiro 30 de abril. A renuncia á matrícula oficial non supón a devolución das taxas. 
Recordade tamén que ó renunciar á matrícula, o vindeiro curso que vos queirades matricular teredes a consideración de alumnado de novo acceso, co cal deberedes sometervos ó proceso de preinscrición.

Probas de certificación e clasificación

Nestes momentos a EOI de Vigo non ten información sobre a matrícula para as probas de certificación e clasificación. É a Consellería de Educación a que debe proporcionar esta información. Publicaremos calquera novidade ó respecto tan pronto como se produza.