viernes, 27 de enero de 2012

Viaxe a Londres

VIAXE CULTURAL A LONDRES


- 5 días / 4 noites (do 12 ó 16 de abril - de xoves a luns)
- Traslado Cangas/Vigo-Oporto en autobús.
- Voo Oporto- Londres (saída ás 08:50 h), taxas incluidas
- Traslado aeroporto-hotel
- Estancia no céntrico hotel Royal National 3 * en réxime de aloxamento e almorzo
- Traslado hotel-aeroporto
- Voo Londres-Oporto (saída ás 16:40 h)
- Traslado en autobús Oporto-Cangas/Vigo

HABITACIÓN DOBRE: 440 EUROS
HABITACIÓN TRIPLE: 420 EUROS

Para apuntarvos enviade un e-mail ó enderezo:

eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es

DATA LÍMITE PARA APUNTARSE: Mércores 1 de febreiro


miércoles, 25 de enero de 2012

Aviso importante sobre a viaxe a Londres

Recordade que as persoas que desexedes participar na viaxe cultural a Londres debedes enviar un correo a

eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es

indicando o nome completo e preferencia por habitación dobre/triple.

Temos xa as prazas de avión e hotel bloqueadas, pero non nos poden prolongar moito máis o bloqueo sen reserva.

As persoas interesadas debedes confirmar a vosa participación entre esta semana e a que vén.

martes, 24 de enero de 2012

Ausencia de profesorado

Mañá mércores non haberá clases de Inglés do nivel Básico 2 (ningún grupo) nin tampouco Básico 1 (20:00-21:30) ó non poder asistir ás clases a profesora.

Ausencia de profesorado

Mañá mércores non haberá clase de Inglés dos niveis Avanzado 1 e Básico 1 (grupos das 17:00-18:30 e de 18:30-20:00) ó non poder asistir ás clases o profesor.

lunes, 23 de enero de 2012

Xunta de Representantes do Alumnado

Convócase a tódolos/as delegados/as de grupo e ós/ás representantes do alumnado no Consello Escolar, a unha reunión en pleno da “Xunta de Representantes do Alumnado”, que terá lugar o

Martes, 28 de Febreiro do 2012, na Aula Magna da Escola Oficial de Idiomas de Vigo,

a celebrar en dúas quendas co mesmo contido, unha ás 11:00 horas (maña) e outra ás 19:00 horas (tarde).

Para consultar a orde do día pinchade aquí.

jueves, 19 de enero de 2012

Probas parciais de febreiro

Recordade que as probas parciais realizaranse en tódolos niveis e cursos entre os días 8 e 17 de febreiro.

Ausencia de profesorado

Hoxe xoves non haberá clases de francés ó non poder asistir ás clases a profesora.

viernes, 13 de enero de 2012

PAGAMENTO SEGUNDO PRAZO DA MATRÍCULA

Recordade que o alumnado que optou por fraccionar o pagamento das taxas ó realizar a matrícula debe efectuar o pagamento do segundo prazo antes do 31 de xaneiro.

Pasade pola Xefatura (en horario de atención) ou pola Conserxería para recoller o impreso para o pagamento e entregádeo selado polo banco antes da data límite.

lunes, 9 de enero de 2012

REUNIÓN VIAXE CULTURAL

Todo o alumnado interesado en participar na viaxe cultural queda convocado á reunión que terá lugar o vindeiro luns, 16 de xaneiro de 2012, ás 17:45 na aula 10 (1º andar).