martes, 26 de diciembre de 2017

VIII Pub Quiz: Grazas por nos acompañar

Un ano máis, o profesorado da sección de Cangas da EOI de Vigo queremos agradecervos de corazón a vosa implicación na VIII edición do noso xa tradicional Pub Quiz de Nadal. Grazas á vosa participación, motivación e entusiasmo, esta actividade está a se converter no mellor xeito de dar a benvida ó Nadal curso tras curso.



O noso agradecemento máis especial vai dirixido a Fernando Graña, director do Hotel Airiños, que ano tras ano nos brinda un inmellorable apoio e un trato impecable, e a José Antonio Collazo López, anglofalante nativo, que sempre nos regala o seu entusiasmo e ameniza o quiz do mellor xeito posible. Graciñas!


Igualmente especial é o noso agradecemento a Bernardo Alonso Álvarez, alumno da sección de Cangas e estupendo animador francófono do pub quiz. 

Este ano, ademáis, contamos coa actuación estelar dos Mechanical Rattlesnake en rigoroso directo. Bravo!

Mechanical Rattlesnake



Mechanical Rattlesnake, presentando en exclusiva o seu tema propio "They Won't".

Mechanical Rattlesnake, versionando o célebre tema "American Woman".

Bravo!


Estas foron algunhas das preguntas que os participantes responderon durante o quiz:

















E velaquí os campións desta edición: "The Dream Team": Alondra Montoya, Gabriel Villar, Ana Gil, Enrique Paredes, Cintia Costa, Antonio Franco, Raquel Graña, Susana Costa e Martín Otero. Parabéns!


Os membros do equipo gañador recibiron como agasallo da escola un precioso caderno feito a man polas artesás de Iroma Artesanía, que un novo ano nos sorprenderon coa súa grande creatividade e bo facer.


Non nos queda máis que reiterar o noso sincero agradecemento a todas as persoas que facedes posible o noso tradicional Pub Quiz de Nadal. De parte de todo o profesorado da sección de Cangas da EOI de Vigo...

lunes, 18 de diciembre de 2017

Rifa gañadora da recollida para o Comedor Social

No sorteo público realizado hoxe, resultou premiada cunha cestiña de produtos ecolóxicos cortesía de Shambala a rifa número 11. A persoa posuidora da dita rifa debe presentala en Shambala para recibir o seu agasallo. 

Un ano máis, mil grazas a todas as persoas que colaborastes con nós nesta iniciativa!

martes, 12 de diciembre de 2017

VIII Pub Quiz de Nadal



Celebra o Nadal coa VIII edición do noso tradicional Pub Quiz!

Animádevos a celebrar a chegada do Nadal participando na VIII edición do noso tradicional Pub Quiz, o xoves 21 de decembro ás 18:00h no Hotel Airiños. 

Apuntádevos por equipos nas táboas que podedes atopar no taboleiro do IES de Rodeira, con compañeir@s de distintos cursos e idiomas (inglés-francés) para formar equipos o máis heteroxéneos posible.

Recordade que no caso do alumnado menor de idade tedes que entregar a autorización asinada pola vosa familia para poder participar na actividade. O profesorado vola proporcionará na clase.

Haberá premio especial para os integrantes do equipo gañador e tamén agasallos para os participantes, ademáis de moi bo ambiente, música e moita diversión!

Este ano, como novidade, animamos ó antigo alumnado e persoas acompañantes a participar no pub quiz. Lembrade que nese caso tamén precisamos que se anoten nos equipos no taboleiro da entrada. 

E ademáis... actuacións musicais sorpresa durante o pub quiz.

Agradámosvos!

martes, 28 de noviembre de 2017

II Recollida de alimentos e xoguetes para o Comedor Social

Un ano máis, temos o pracer de vos invitar a colaborar nesta iniciativa a favor do comedor social de Cangas.



viernes, 17 de noviembre de 2017

Viaxe ao Xapón 2018

Está aberto o prazo de inscrición para a viaxe ao Xapón organizada pola EOI de Vigo. Podedes consutlar aquí as normas para apuntarse á viaxe.


II Semana Cultural Xaponesa na EOI de Vigo

Podedes consultar aquí toda a información sobre a II Semana Cultural Xaponesa (programa de actividades e concurso de cosplay).

miércoles, 8 de noviembre de 2017

Bolsas "Concello de Vigo" para estadías lingüísticas no estranxeiro


"Foron convocadas as Bolsas do Concello de Vigo para estudantes da EOI do ano 2018. O prazo de presentación de solicitudes no rexistro do Concello será dende o próximo luns día 6 de novembro de 2017 ata o venres día 17 de novembro de 2017 inclusive.


As bolsas destínanse a alumnado da EOI e das súas seccións, matriculado no curso 2017-2018 nos niveis Intermedio, Avanzado e C1 dos idiomas especificados na convocatoria  (soamente Avanzado e C1 no caso do portugués), que:

  • estea empadroado no Concello de Vigo con vixencia mínima de 1/1/2017;
  • teña aprobados dous cursos oficiais presenciais na EOI de Vigo nos últimos 5 anos no idioma no que solicita a bolsa (é necesario solicitar na secretaria da EOI un certificado específico para a solicitude das bolsas).

As bases da convocatoria dan preferencia aos mellores expedientes pero tamén ás persoas con baixos ingresos, en situación de desemprego ou membros de familias numerosas ou monoparentais.


As bolsas destínanse á realización dunha estancia lingüística no estranxeiro de dúas semanas de duración no país da língua estudada, nas datas que a persoa beneficiaria escolla (antes de setembro de 2018). As persoas bolseiras poden contratar a viaxe e o curso que cumpra cos requisitos da convocatoria pola súa conta ou coa empresa que libremente escollan, pero dende a EOI se facilitará que dispoñan de ofertas axeitadas de diversas empresas.



O número de bolsas e as contías por idiomas e destinos son os seguintes:

  • Inglés (Londres): 66 bolsas de 1.700 €
  • Francés (París): 10 bolsas de 2.000 €
  • Alemán (Berlín): 5 bolsas de 1.720 €
  • Italiano (Roma): 4 bolsas de 1.700 €
  • Portugués (Lisboa): 3 bolsas de 1.605 €
  • Xaponés (Xapón): 2 bolsas de 2.000 €
  • Chinés (China): 2 bolsas de 1.800 €

Unha diferenza importante coa convocatoria de anos anteriores é que na convocatoria do ano 2018 o Concello non realizará ningún pagamento anticipado: a bolsa será sempre pagada polo Concello despois de realizada a estadía lingüística e presentadas as facturas e documentación xustificativa. No entanto, algunhas empresas acostuman incluír nas súas ofertas algún sistema de pagamento aprazado.


Toda a información sobre as bolsas está dispoñíbel na web da EOI de Vigo (www.eoidevigo.org) e na web do Concello (https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=2780&lang=ga). Se precisaren de información ou axuda adicional, poden dirixirse tanto ao director como á vicedirectora da EOI de Vigo."

viernes, 27 de octubre de 2017

Comezo do servizo de préstamo da biblioteca: 6 de novembro

A partir do vindeiro 6 de novembro podedes levar libros de lectura en préstamo da biblioteca, no seguinte horario:


martes, 17 de octubre de 2017

Matrícula aberta durante o mes de outubro

A matrícula continúa aberta durante o mes de outubro. Hai prazas en todos os idiomas, niveis e horarios.

viernes, 13 de octubre de 2017

Clubs de lectura

Gústache ler? A EOI de Vigo ofréceche a oportunidade de participar nun club de lectura. Aprende a lingua estranxeira ó tempo que compartes as túas experiencias lectoras. Animádevos!

Podedes consultar toda a información no seguinte enlace:



martes, 10 de octubre de 2017

Ausencia de profesorado

Mañá mércores, 11 de outubro, non haberá clase coa profesora Noemí Ignacio. Lamentamos as molestias. 

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 10 de outubro, non haberá clase coa profesora Noemí Ignacio (Intermedio 1 - aula 9). Lamentamos as molestias. 

viernes, 6 de octubre de 2017

Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 6 de outubro, non haberá clase coa profesora Beatriz Varela (Intermedio 2). Lamentamos as molestias. 

miércoles, 4 de octubre de 2017

Matrícula aberta ata o 11 de outubro

Ata o 11 de outubro as persoas interesadas en cursar estudos de inglés e francés na sección de Cangas poden acudir á sede central da escola (rúa Martínez Garrido, 17; Vigo) para formalizar a matrícula. 

Hai prazas en todos os cursos de inglés e francés nos diferentes horarios.

Agardámosvos!

jueves, 28 de septiembre de 2017

Prazas vacantes

Recordade que dende o día 28 se adxudicarán na sede central da escola (Martínez Garrido, 17; Vigo), as prazas vacantes nos diferentes idiomas e cursos. Consultade toda a información na web da escola: www.eoidevigo.org. 

miércoles, 20 de septiembre de 2017

A xornada de portas abertas da sección de Cangas na prensa local

Podedes coñecer todos os detalles sobre a nosa xornada de portas abertas do vindeiro luns 25 de setembro a través do artigo publicado hoxe no Faro deVigo (edición Morrazo).

Premede aquí para acceder.

Agardámosvos!

lunes, 18 de septiembre de 2017

Xornada de portas abertas na sección de Cangas

Queres aprender inglés e/ou francés? Invitámosvos a unha xornada de portas abertas para que coñezades a nosa escola e observedes unha clase de demostración.

Agradecémosvos que vos apuntedes mediante o seguinte enlace para poder ter unha previsión de asistentes:


Agardámosvos!

Poderedes matricularvos os días 28 e 29 de setembro, na sede central da EOI de Vigo (C/Martínez Garrido, 17). Durante as primeiras semanas do mes de outubro tamén será posible matricularse sempre que exista vacante no grupo desexado. 

jueves, 14 de septiembre de 2017

viernes, 23 de junio de 2017

Preinscrición e matrícula 2017-2018

Podedes consultar na web da EOI de Vigo toda a información sobre o proceso de preinscrición e matrícula para o curso 2017-2018. 

Ou ben podedes acceder directamente premendo nos seguintes enlaces:

- Matrícula (alumnado oficial que continúa estudos no mesmo idioma e escola)
- Preinscrición (alumnado que accede por primeira vez á escola oficial de idiomas e alumnado que renunciou á matrícula no curso 2016-2017).


viernes, 26 de mayo de 2017

Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 26 de maio, non haberá clase coa profesora Ana González. Tampouco poderá haber horario de atención ó público na xefatura de estudos. Lamentamos as molestias. 

viernes, 19 de mayo de 2017

Probas de clasificación para o curso 2017-2018

Podedes consultar toda a información sobre as probas de clasificación para o vindeiro curso 2017-2018 na web da EOI de Vigo.

Para acceder á información sobre as probas, premede aquí.

- Para acceder ó calendario das probas, premede aquí

Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 19 de maio, non haberá clase coa profesora Rita Fernández. Lamentamos as molestias. 

martes, 9 de mayo de 2017

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 9 de maio, non haberá clase coa profesora Rita Fernández. Lamentamos as molestias.

jueves, 4 de mayo de 2017

Probas de promoción nos cursos 1

As probas finais de promoción dos cursos Básico 1, Intermedio 1 e Avanzado 1 terán lugar entre os días 22 e 31 de maio, no horario habitual de cada grupo. 

A vosa profesora proporcionará o calendario específico para cada grupo.

jueves, 20 de abril de 2017

Día do Traballo e día de libre elección

Tal e como se recolle no calendario académico 2016-2017 (dispoñible na web da EOI de Vigo: www.eoidevigo.org), non haberá clase na sección de Cangas os vindeiros días:

- 1 de maio - Día do Traballo
- 2 de maio - día de libre elección do IES de Rodeira

martes, 4 de abril de 2017

Vacacións de Semana Santa

Tal e como se recolle no calendario académico 2016-2017 (dispoñible na web da EOI de Vigo), non haberá clase durante as vacacións de Semana Santa, entre os días 7 de abril (festivo local en Cangas) e 17 de abril (luns de Pascua, non lectivo).

Ausencia de profesorado

Non haberá clase coa profesora Rita Fernández os días 4, 5 e 6 de abril. Lamentamos as molestias. 

lunes, 3 de abril de 2017

Hoxe luns, 3 de abril, non haberá clase coa profesora Milagros Pérez. Lamentamos as molestias. 

viernes, 31 de marzo de 2017

Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 31 de marzo, non haberá clase coa profesora Rita Fernández. Lamentamos as molestias. 

lunes, 13 de marzo de 2017

Ausencia de profesorado

Mañá martes, 14 de marzo, non haberá clase coa profesora Milagros Pérez. Lamentamos as molestias. 

viernes, 10 de marzo de 2017

Matrícula libre para as probas de certificación

O prazo da matrícula libre para as probas de certificación será do 20 de marzo ao 06 de abril de 2017, ambos incluídos.

viernes, 3 de marzo de 2017

Ausencia de profesorado

O vindeiro luns, 6 de marzo, non haberá clase coa profesora Milagros Pérez. Lamentamos as molestias.

Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 3 de marzo, non haberá clase coa profesora Rita Fernández. Lamentamos as molestias. 

Ausencia de profesorado

Hoxe venres, 3 de marzo, non haberá clase coa profesora Rosa Patiño. Lamentamos as molestias. 

jueves, 2 de marzo de 2017

Ausencia de profesorado

Hoxe xoves, 2 de marzo, non haberá clase coa profesora Rita Fernández. Lamentamos as molestias. 

Ausencia de profesorado

Hoxe xoves, 2 de marzo, non haberá clase coa profesora Rosa Patiño. Lamentamos as molestias. 

lunes, 20 de febrero de 2017

Vacacións de Entroido

Lembrámosvos que os vindeiros días 27 e 28 de febreiro1 de marzo non haberá clase debido ás vacacións de Entroido.
Recordade que podedes consultar este tipo de información no calendario académico 2016-2017, dispoñible na zona do alumnado da web da EOI de Vigo: www.eoidevigo.org

jueves, 26 de enero de 2017

Moi importante! Bolsas "Concello de Vigo"

O vindeiro luns, 30 de xaneiro, remata o prazo para a presentación de solicitudes das bolsas "Concello de Vigo" para estadías lingüísticas no estranxeiro. Tedes toda a información na web da escola: www.eoidevigo.org.

Recordade que é preciso que a persoa solicitante estea empadroada en Vigo. 

lunes, 23 de enero de 2017

Ausencia de profesorado

Hoxe luns, 23 de xaneiro, non haberá clase coa profesora Rita Fernández. Lamentamos as molestias. 

martes, 17 de enero de 2017

Convocatoria de bolsas para estadías lingüísticas no estranxeiro

Informámosvos que veñen de ser publicadas as bolsas ''Concello de Vigo'' para estadías lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) ano 2017.

Podedes consultar toda a información sobre os requisitos e prazo de presentación de solicitudes na web da escola: www.eoidevigo.org. 

Tede en conta que o alumnado solicitante debe estar empadroado en Vigo. 

miércoles, 11 de enero de 2017

Probas parciais de progreso

As probas parciais de progreso realizaranse en todos os idiomas e cursos no período oficial, entre o 30 de xaneiro e o 7 de febreiro, no horario habitual de cada grupo.
A vosa profesora proporcionaravos un calendario específico para o voso curso e grupo. 

Ausencia de profesorado

Hoxe mércores, 11 de xaneiro, non haberá clase coa profesora Alma Álvarez. Lamentamos as molestias.

martes, 10 de enero de 2017

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 10 de xaneiro, non haberá clase coa profesora Alma Álvarez. Lamentamos as molestias. 

lunes, 9 de enero de 2017

Ausencia de profesorado

Hoxe luns, 9 de xaneiro, non haberá clase coa profesora Alma Álvarez. Lamentamos as molestias.