lunes, 21 de diciembre de 2009

Urxente: Suspensión de clases

URXENTE: Quedan suspendidas as clases hoxe luns 21 de decembro. O tellado do pavillón de deportes desprendeuse e os bombeiros aconsellaron pechar o centro durante as labores de limpeza por motivos de seguridade.

Queda, por tanto, adiada a reunión sobre a viaxe a Londres, que faremos mañá martes ás 17:30.

Lembrade que mañá celebramos a festa de Nadal con festival de cine, xogos e actividades a partir das 17:00. Traede algo de comer ou beber para compartir cos vosos compañeiros e animádevos a vir a pasar un bo rato cos compañeiros e profesores.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Viaxe EOI

Aquelas persoas interesadas na viaxe acudide o luns ás 17:45 á sala de usos múltiples do IES Rodeira para participar nunha reunión informativa.

martes, 15 de diciembre de 2009

Suspensión de clases día 16

15/12/2009: URXENTE: A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro. Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.

Aulas na rúa e festa de Nadal

Moitísimas grazas a tod@s @s que participastes en "Aulas na rúa". Para ser as primeiras actividades deste tipo que organizamos estamos moi contentos cos resultados e penso que pasamos un bo rato.

Lembrade que o martes 22 será a festa de Nadal. Ó longo desta semana recibiredes información das actividades que organizaremos.

Moitas grazas de novo.

jueves, 10 de diciembre de 2009

Aulas na rúa martes 15 de decembro

Aproveitando que seica a chuvia vai dar unha pequena tregua, o próximo martes día 15 organizamos de novo a actividade "Aula na rúa".

Os grupos que empezades as 17:00 acudide ó IES Rodeira en horario normal, para que vos dean as instruccións e podermos sair ás 17:30 cara o centro.

Aqueles que teñades clase ás 18:30 ou 19:15 ide directamente ó palco da alameda.

Os que non teñades clase ese día, tamén estades invitados a participar.

Aviso para os menores: É imprescindible que traiades unha autorización asinada polos vosos pais, nais ou titores para poder acompañarnos. Podedes recollela en xefatura da EOI ou pedirlla á vosa profesora e traela o martes sen falta, do contrario teredes que quedar no IES.

Acabaremos sobre ás 20:00 cun chocolate con churros e voltaremos para clase.

(Se sabedes dalgún compañeiro/a que non viñera a clase últimamente, chamádeo/a e informádeo/a...)

En caso de termos que cancelar a actividade por mor do tempo, avisariamos neste mesmo blog, e habería clases normais.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Viaxe a Londres

Queremos organizar unha viaxe a Londres do 17 ó 21 de Marzo, ¿apúntaste?

O prezo rondará os 370€ * e inclúe:

• Traslado Cangas – Oporto e Oporto – Cangas en autobús.
• Vo directo de ida e volta Oporto- Londres.
• Traslado ó hotel.
• Aloxamento en hotel de 3 estrelas con almorzo.
• Seguro de viaxe.

Unha vez alí visitaremos os sitios máis típicos e disfrutaremos da vida e a cultura da cidade máis exciting do Reino Unido.

Se tes esas datas libres… non o dubides. ¡Apúntate xa! Canto antes reservemos máis barato será… Consulta o tablón da EOI (a carón das escaleiras).


* O prezo poderá variar dependendo de cando collamos os billetes.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Listados de alumnos

Hai novas listaxes de alumnos. Por favor, comprobade que estades ben matriculados na vosa banda horaria.

Ausencia de profesorado

A profesora María Balea (Intermedio 2) non poderá asistir a clase mañá xoves 3 de decembro.

martes, 1 de diciembre de 2009

Sustituto Maria Martinez

Xa hai sustituto para intermedio 1.Chega hoxe martes as 17:30.

Cancelaci'on

A actividae "Aulas na rua" queda suspendida por mor do mal tempo.
Acudide a clase normalmente no horario habitual.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Aulas na rúa

O próximo martes día 1 organizamos a actividade "Aula na rúa". Faremos unha clase diferente na alameda de Cangas os de inglés e os de francés.

Os grupos que empezades as 17:00 acudide ó IES Rodeira en horario normal, para que vos dean as instruccións e podermos sair ás 17:30 cara o centro.

Aqueles que teñades clase ás 18:30 ou 19:15 ide directamente ó palco da alameda.

Os que non teñades clase ese día, tamén estades invitados a participar.

Aviso para os menores: É imprescindible que traiades unha autorización asinada polos vosos pais, nais ou titores para poder acompañarnos. Podedes recollela en xefatura da EOI ou pedirlla á vosa profesora o luns e traela o martes sen falta, do contrario teredes que quedar no IES.

Acabaremos sobre ás 20:00 cun chocolate con churros e voltaremos para clase.

(Se sabedes dalgún compañeiro/a que non viñera a clase últimamente, chamádeo/a e informádeo/a...)

En caso de termos que cancelar a actividade por mor do tempo, avisariamos neste mesmo blog, e habería clases normais.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Ausencia de profesorado

Por un erro informático cometido por un humano, non quedou publicada a entrada de onte que anunciaba que hoxe xoves non había clase de Intermedio 1 coa profesora María Martínez. Disculpade as molestias aqueles que viñestes.
Aínda non hai profesor sustituto nomeado, polo que mañá venres tampouco haberá clase neses grupos.

viernes, 20 de noviembre de 2009

Ausencia de profesorado

A profesora María Martínez (Intermedio 1 inglés) non poderá asistir a clase os días 23, 24, e 25 de Novembro.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Clase de francés

Hoxe Xoves 12 de Novembro sí haberá clase de francés coa profesora Marianne no horario habitual.

lunes, 9 de noviembre de 2009

Obradoiros en marcha!

Este ano só podemos ofertar dous obradoiros, ambos de comprensión e expresión oral, un de nível básico e outro de intermedio. Aqueles que estades matriculados lembrade que o horario é o seguinte:
Básico - Mércores e Xoves de 17:00 a 18:30,
Intermedio - Mércores e Venres de 18:30 a 20:00.

Só tedes que asisitir a un dos dous días.

Enjoy!

jueves, 5 de noviembre de 2009

Ausencia de profesorado

A profesora Uxía Fonseca non poderá asistir a clase hoxe xoves 5 de Novembro, nin mañá Venres 6.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Ausencia de profesorado

A profesora Uxía Fonseca non asistirá a clase hoxe mércores 4 de Novembro.

jueves, 22 de octubre de 2009

ausencia da profesora de francés (eoi)

A profesora Uxía Fonseca (francés - EOI) non asistirá a clase hoxe xoves, 22 de outubro de 2009.

miércoles, 21 de octubre de 2009

ausencia da profesora de francés

A profesora Uxía Fonseca (francés-eoi) non asistirá hoxe a clase, mércores, 21 de outubro de 2009.

martes, 20 de octubre de 2009

ausencia de profesorado

A profesora Uxía Fonseca (francés) non asistirá hoxe a clase, martes 20 de outubro de 2009.

viernes, 16 de octubre de 2009

Ausencia de profesorado

A profesora María Martínez (Intermedio 1) non asistirá a clase hoxe venres.

jueves, 15 de octubre de 2009

PRAZAS LIBRES

No tablón da EOI veredes as prazas que quedan libres en cada un dos grupos. Aqueles interesados en facer un cambio de horario deben solicitalo na Xefatura de estudos. Comprobade primeiro as listas que xa estarán actualizadas no serán.

miércoles, 14 de octubre de 2009

Cambios de grupo, horario...

Para todos aqueles que recibistes o horario que solicitastes no momento de facer a matrícula, lembrade que tedes dende o día 13 ata o 16 para solicitar un cambio de grupo. Os cambios concederanse segundo a orde de solicitude e tendo en conta a dispoñibilidade do novo horario solicitado (tede en conta que moitos grupos xa están pechados e non se pode introducir máis xente).

viernes, 9 de octubre de 2009

¡¡ANÍMATE A PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DE INGLÉS*!!

Este ano na extensión de EOI de Cangas, ofrecémosche a posibilidade de mellorar as túas destrezas de comprensión e expresión oral.

Xa sabedes que as persoas que se anoten agora e sigan durante todo o curso recibirán un certificado de asistencia polo número de horas cursadas. Ademáis, se superas unha pequena proba final, recibirás tamén un certificado de aproveitamento.

Recorda que os obradoiros comezan a partir do 2 de Novembro

¡Anótate nas listas do tablón da EOI para participar!

* Debido á circular 5/2009 da Consellería de Educación vimos reducido o número de profesores que poden dar obradoiros polo que só podemos ofertar un de nivel básico e un de nivel intermedio, e soamente de inglés.

lunes, 5 de octubre de 2009

Festivo do día 12

Lembramos que o día 12 de Outubro e se celebra o día da Hispanidade e, polo tanto, non haberá clase.

Ausencia profesora de Francés

A profesora Uxía Fonseca Roque (Francés EOI) non poderá asistir a clase hoxe día 05 de Outubro de 2009.

Ausencia profesora de Francés

A profesora Uxía Fonseca Roque (Francés EOI) non poderá asistir a clase hoxe día 05 de Outubro de 2009.

lunes, 28 de septiembre de 2009

Certificados de estudos e talleres

Podedes pasar por xefatura para recoller ou solicitar os certificados de estudos e os certificados dos talleres do ano pasado.

jueves, 24 de septiembre de 2009

Horarios da EOI de Cangas 2009 - 2010

Velaquí os horarios da extensión para este curso. Sentimos as molestias que ocasionaron todos os cambios que se produciron por mor das ordes da consellería.

Inglés


L

Ma

Me

X

V

17.00

18.30


B1

B1


B1

18.30

20.00

B1


B1


B1

20.00

21.30

B1


B1


B1

17.00

19.17


B2



B2

18.30

20.00

B2


B2

B2


20.00

21.30

B2


B2


B2

17.00

19.15


Int1


Int1


19.15 21.30


Int1


Int1


19.15

21.30


Int1


Int1


18.30

20.00

Int1


Int1


Int1

20.00

21.30

Int1


Int1

Int1


17.00

19.15


Int2


Int2


19.15

21.30


Int2


Int2


20.00

21.30

Int2


Int2


Int2

17.00

18 :30


Av1

Av1


Av1

19.15 21.30


Av1


Av1


Francés


L

Ma

Me

X

V

17.00

19.15


Int2

B1

Int2

B1

19.15

21.30

B2

Int1

B2

Int1



lunes, 21 de septiembre de 2009

Comezo de curso

Xa podedes ver as datas de comezo de curso no tablón e na web de Vigo

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Exame de Intermedio2

O exame escrito de Intermedio2 escrito será o Venres (mirade na web a hora de convocatoria de cada destreza), e o oral será o Luns ás 16.00

Notas e Revisión de Básico2

As notas e a revisión de Básico2 serán o Venres ás 16.00 na Sección de Cangas, na Aula 12

martes, 30 de junio de 2009

Convocatorias de Setembro

Xa están as convocatorias de Setembro nos tablóns de Cangas

lunes, 15 de junio de 2009

Publicación de notas de Básico2

Publicación de notas: 19 Xuño ás 16, en Centrosnet e no taboleiro da EOI

Solicitude de Revisión: 19 Xuño de 16.00 a 18.00, Aula 10

Revisión: 19 Xuño de 16.00 a 20.00, Aula 12

lunes, 8 de junio de 2009

Revisións e publicación de notas de Intermedio2

Publicación de notas: 12 Xuño, a partir das 16.00, en CENTROSNET e no taboleiro da Sección

Solicitude de revisión de exame: día 12 de 16.00 a 18.00 na Aula 10

Revisión de exame, día 12 de Xuño de 16.00 a 20.00 na Aula 12

lunes, 1 de junio de 2009

Revisión de Intermedio1 de Jerónimo Hernández

A revisión de exames de Intermedio1 de Jerónimo Hernández será o Luns 8 de Xuño, de 19 a 21:30 na súa aula.

As titorías do mesmo profesor desta semana cámbianse ó martes día 2 de 18 a 20 horas por ter que formar parte dos tribunais de exames orais na EOI de Vigo no seu horario habitual.

viernes, 29 de mayo de 2009

Papeletas

O profesorado non repartirá papeletas. As papeletas tedes que imprimilas en Centrosnet, e levádelas cando vos matriculedes. Para entrar en Centrosnet: número de expediente e DNI sen letra. Hai unha guía de uso de Centrosnet na web de Vigo, no propio apartado de Centrosnet.

viernes, 22 de mayo de 2009

Pequeno erro na aula de orais de Intermedio

Please, fixádevos neste erro: no tribunal 3 de Oral de Intermedio de Inglés de Cangas, pon Aula 11. É aula 10.

Sorry!

jueves, 21 de mayo de 2009

Diplomas de Talleres

Xa están listos os diplomas dos talleres para aqueles que o solicitástedes. Mirade as horas de atención ao público do Xefe de Estudos e pedídello nesas horas. Se está libre noutra hora, tamén pode entregalo

martes, 19 de mayo de 2009

Probas de certificación

Xa están na web de Vigo todas as convocatorias, tanto orais como escritas, dos exames de certificación.

miércoles, 6 de mayo de 2009

Probas de Básico1 e Intermedio1 en Cangas

Comezan as probas de niveis impares (Básico1, Intermedio1): a partir do 25 de Maio.

martes, 28 de abril de 2009

Actividade Cultural Vigo-Cangas

O 9 Maio hai unha Actividade Cultural que vai pasar por Cangas. Vede a programación do día neste link. A actividade custa 20 euros. Se estades interesados, dádelle a Alberto os 20 euros, e el encárgase de levalos a Vigo.

lunes, 27 de abril de 2009

Ausencias Profesorado

Hoxe non asistirá Begoña Montenegro

viernes, 24 de abril de 2009

Ausencias de Profesorado

Ana Meizoso incorpórase o Martes 28

jueves, 23 de abril de 2009

Ausencias de Profesorado

Ana Meizoso faltará hoxe e mañá

miércoles, 22 de abril de 2009

Remate préstamo de libros

O préstamo dde libros remata o 4 Maio. Ata ese día podedes seguir pedindo libros. A partir do 4, só se aceptan as ddevolucións

Substituto pra Miguel

Hoxe incorpórase un substituto pra Miguel

martes, 14 de abril de 2009

Guías do Candidato en Exames de Certificación

Na Web de Vigo están colgadas as guías do candidato pra Exames de Cerificación

miércoles, 1 de abril de 2009

Matrícula de Libres

O prazo pra matricularse por libre amplíase ata o 24 de Abril

miércoles, 25 de marzo de 2009

Probas de Certificación do ano pasado

Se queredes ver exemplos de probas de certificación, ide a este link

Concurso pra Alumnos de Inglés

Podedes participar neste concurso organizado pola EOI de Santiago

martes, 24 de marzo de 2009

Talleres e Préstamo de Biblioteca

Quedan suprimidos os seguintes talleres:

Martes, 16.00-17.00: "I don't know"
Mércores, 16-17.00: "Pronunciation for Beginners"

Esas horas pasan a ser de préstamo de Biblioteca

Matriculación exames libres

O día 1 de Abril, e ata o 21, comeza o plazo de matrícula pra os que queirades examinarvos por libre. Mirade a información xeral na web da EOI de Vigo. A recollida e entrega de impresos faise nas oficinas do Instituto, pola mañán.

Ausencias de Profesorado

O Martes 24 non asistirá Begoña Montenegro

martes, 17 de marzo de 2009

Ausencias de Profesorado

Mañá non asistirá a clase María Balea, e Miguel estará de viaxe cos alumnos

jueves, 12 de marzo de 2009

Clases da próxima semana

A próxima semana non hai clase nin Xoves nin Venres. Botade un vistazo ao calendario

miércoles, 11 de marzo de 2009

Sección de Tablón pra Alumnos

Acabamos de facer unha pequena sección para alumnos no tablón. Non é precisamente ampla, pero non temos máis espazo. Esperamos que vos sexa útil.

martes, 10 de marzo de 2009

Ausencias de Profesorado

Ana Meizoso non asistirá mañá Mércores

jueves, 5 de marzo de 2009

Centrosnet

Podería ser que estes días non vexades as vosas notas. É algo transitorio: as notas están postas xa, pero se non as vedes é cousa da aplicación informática. Nun par de días verédelas xa

martes, 3 de marzo de 2009

Uso da Aula 10 como Faladoiro, Cinema Room...

Dende mañá 4 de Marzo, poderedes utilizar a Aula 10 como Faladoiro ou incluso como sala de cine... todo en Inglés ou Francés, por suposto!!

Esta novidade debemos agradecerlla ao voso compañeiro Ricardo (Intermedio 2) que tivo a idea. Ben, estas son as reglas de uso:

1.- O horario de uso é: Martes, de 6 a 8; Mércores, de 8 a 10; Venres, de 5.30 a 7.30

2.- Tedes que solicitar o uso da aula en Conserxería. Se non están os Conserxes, pedídesmo a min (Alberto).

3.- Se usas a aula, faste responsable dela no tempo que esteas dentro.

4.- Hai que respetar escrupulosamente o tempo de entrada e saída (pode haber clase antes ou despois).

5.- A utilización desta aula é provisional. Implica un tempo de uso que máis adiante poderíamos ter que anular, e non podemos garantir que o próximo ano poidamos ofrecer este servicio.

Podedes utilizar a tele e o DVD. Os mandos estarán á vosa disposición. Se tedes algún problema con isto, preguntade en Conserxería ou a min.

lunes, 2 de marzo de 2009

Reunión de Delegados

O 17 de Marzo hai convocada unha reunión de delegados. A primeira convocatoria é ás 10.30, e a segunda ás 20.00

sábado, 28 de febrero de 2009

Ausencias de Profesorado

O Luns día 2 non asistirá a clase Begoña Montenegro

viernes, 20 de febrero de 2009

Ausencias de profesorado

Hoxe non asistirán María Balea e Begoña Montenegro

miércoles, 18 de febrero de 2009

Entroido e volta ás clases

Lembrade que a próxima semana é Entroido. Volvemos ás clases o Xoves 26

Nota importante sobre Centrosnet

Como todos sabedes, tendo una nota que non baixe de dez pero que non chegue a 15, se entre esta e todas as demáis suman 60, aprobas. En Centrosnet, se se da esta circunstancia, en Febreiro ides aparecer como NON APTOS, pero isto non será así en Xuño. En Xuño, neste caso, apareceredes APTOS. Agora, en Febreiro, o feito de que aparezades como non aptos nestes casos é simplemente unha circunstancia do programa informático.

martes, 17 de febrero de 2009

Exposición e Conferencia sobre Namibia

O venres, 27 de Febreiro, ás 17.00, Christina Cameselle dará unha conferencia en Inglés sobre a situación actual en Namibia (todo acompañado dunha exposición fotográfica). É unha boa oporrtunidade de escoitar Inglés real. O alumnado de Inglés que teña clase ese día e a esa hora, asistirá á conferencia, e o profesorado propoñerá unhas actividades relacionadas coa conferencia. Por suposto, asistide tamén os de outras horas e días se podedes, porque as actividades propostas daránse a todo aquel que asistira. Recomendamos asistencia!

viernes, 13 de febrero de 2009

Notas de Centrosnet

Recordade como se utiliza Centrosnet:
O alumnado pode ver e imprimir a súa propia papeleta dende a súa conta de Centros Net. Esta papeleta non é a oficial do centro, xa que vai sen firma nin selo. O alumnado entra en Centros Net dende a web da escola, introducindo o seu nº de expediente e o seu DNI sen letra.

Tedes un link á Escola dende este Blog. Sorte a todos!

lunes, 9 de febrero de 2009

Suspensión de clases por temporal

Hoxe á tarde non haberá clase polo temporal

jueves, 5 de febrero de 2009

Notas en Centrosnet, ata o 4 Marzo

O prazo pra poñer as notas en Centrosnet amplíase uns días: o 4 de Marzo

miércoles, 28 de enero de 2009

Exames de Febreiro

Recordade que os exames de Febreiro celebraranse do 11 ao 20 de Febreiro. As notas quedarán publicadas, como data tope, o día 27 de Febreiro na páxina web da Escola de Vigo

martes, 27 de enero de 2009

Ausencias de Profesorado

Finalmente, Begoña Montenegro asistirá o Venres

lunes, 26 de enero de 2009

2º Prazo Matrícula

Lembrade que este mes acaba o prazo pra pagar a segunda fracción da matrícula (pra aqueles que fixeron pago fraccionado)

Ausencias Profesorado

O Venres non asistirán os seguintes profesores: Jerónimo Hernández, Fiona Brennan, Begoña Montenegro

sábado, 24 de enero de 2009

Ausencias de Profesorado

Ana Meizoso non asistirá o Luns 26

martes, 20 de enero de 2009

Ausencias Profesorado

Jerónimo Hernández vai faltar mañán 21 e pasado 22

Viaxes

Tedes no tablón de anuncios do vestíbulo información sobre dúas viaxes organizadas a Berlín e Roma. Lástima de Londres e París... Ben, outro ano será :-)

Benvida

Benvidos ao blog da EOI de Cangas! Esperamos que este sexa un blog útil pra todos. Este será o noso tablón de anuncios online. Como vedes, tedes un apartado pra comentarios e tamén tedes un chat. Un saúdo de todo o Profesorado