miércoles, 30 de abril de 2014

Peche da biblioteca

Recordade:

- o día 30 de abril remata o servizo de préstamo da biblioteca
- tedes ata o día 9 de maio para devolver os libros que teñades en préstamo.

martes, 22 de abril de 2014

Ponte de maio

Recordade que non haberá clase durante a ponte de maio:

- 1 de maio: día festivo
- 2 de maio: día de libre elección do IES de Rodeira

Matrícula libre 2014

O prazo para matricularse nas probas de certificación por libre é do 14 ó 30 de abril.

Premede aquí para acceder á información sobre o procedemento e custo da matrícula, así como as datas e lugar de realización dos exames.

Recordade que debes presentar a documentación requirida na sede central (Martínez Garrido, 17) antes da data límite.

Probas de certificación 2014

Xa podedes consultar aquí as datas para as PARTES ESCRITAS das probas de certificación do mes de xuño.

Tamén están xa dispoñibles as datas para os orais do ALUMNADO QUE SE PRESENTE POR LIBRE. Pinchade aquí para consultalas.

As datas para os orais do alumnado oficial serán publicadas en canto estean dispoñibles.

martes, 8 de abril de 2014

Vacacións de Semana Santa

As vacacións de Semana Santa terán lugar entre os días 11 de abril (festivo local) e 21 de abril, ámbolos dous incluídos.

As clases reanudaranse o martes 22 de abril.