jueves, 30 de enero de 2014

Pagamento fraccionado: ampliación do prazo.

Tedes ata o 28 de febreiro para realizar o pagamento do segundo prazo da matrícula e entregar (na secretaría da EOI de Vigo ou na conserxería do IES de Rodeira) o xustificante correspondente. Podedes consultar toda a información relacionada aquí.

martes, 28 de enero de 2014

Pagamento do segundo prazo da matrícula



Segundo as instrucións da Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial enviadas o día 27 de xaneiro de 2014 (véxase documento), informámosvos do seguinte:

O alumnado que optou por fraccionar o pagamento das taxas ó realizar a matrícula deberá efectuar o pagamento do segundo prazo antes do 31 de xaneiro, dunha das dúas formas a seguir:
- pago telemático
- pago co impreso (podédelo recoller na conserxería)

En canto fagades o pagamento deixade na conserxería o xustificante do mesmo.

 

lunes, 20 de enero de 2014

Ausencia de profesorado

Hoxe, luns 20 de xaneiro, non haberá clase coa profesora Beatriz Varela.