viernes, 28 de octubre de 2011

Servizo de préstamo da biblioteca

O próximo luns 7 de novembro comeza o servizo de préstamo da biblioteca. O horario do dito servizo é o seguinte:


- Martes: 16:05-16:55 e 18:35-18:55
- Mércores: 16:35-16:55
- Xoves: 17:35-18:25
- Venres: 16:35-16:55 e 18:35-18:55

miércoles, 26 de octubre de 2011

Ponte de Todos os Santos

Recordámosvos que os seguintes días non haberá clase na Escola Oficial de Idiomas:

- 31 de outubro: Día do Ensino (día non lectivo)
- 1 de novembro: Día de Todos os Santos (día festivo)

Resolución dos cambios de grupo

O alumnado que solicitou cambio de grupo pode consultar a listaxe dos cambios concedidos a partir das 18:00 horas desta tarde no taboleiro da EOI do IES de Rodeira.

martes, 25 de octubre de 2011

Aviso importante da Xefatura de Estudos


Recórdase ó alumnado que pola Orde do 5 de agosto de 2011, mediante a que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, o horario de dedicación á Xefatura de Estudos queda reducido a partir do presente curso académico a 4,5 horas semanais (das que 3,5 serán de atención ó alumnado), a diferenza das 9 horas das que as xefaturas das seccións das escolas de idiomas dispoñían ata o curso pasado. Xa que logo, recórdase a importancia de respectar o horario de atención (segundo figura na porta do despacho e nunha entrada anterior deste mesmo blog) para que dende a Xefatura se poida prestar unha atención adecuada ó alumnado.

lunes, 24 de octubre de 2011

Solicitude de adaptación de probas

Recordámosvos que o alumnado con necesidades especiais pode solicitar a adaptación de probas. Pedídelle ó voso profesor a solicitude correspondente, que teredes que devolverlle debidamente cumprimentada xunto co correspondente documento xustificativo. O prazo para a presentación de solicitudes remata este mes de outubro.

martes, 18 de octubre de 2011

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 18 de outubro, non haberá clases de Francés ó non poder asistir ás clases a profesora.

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 18 de outubro, non haberá clase de Inglés dos niveis Básico 2 e Básico 1 (grupo dos luns, mércores e xoves de 20:00 a 21:30), pois a profesora Sandra Vázquez non poderá asistir ás clases.

viernes, 14 de octubre de 2011

Horario de atención da Xefatura de Estudos

O horario de atención da Xefatura de Estudos para este curso académico é o seguinte:

- Luns (18:30-19:30)
- Martes (21:30-22:00)
- Xoves (16:30-17:30)
- Venres (17:30-18:30)

Titorías

Lembrámosvos os horarios das titorías do profesorado:

FRANCÉS

- Adelaida Urceira Garrido:

Luns (21:30-21:45), martes (16:45-17:00 e 19:00-19:15), xoves (18:15-18:30)


INGLÉS

- Antonio J. Monteserín García (Básico 1 e Avanzado 1):

Martes (16:30-17:00) e xoves (17:00-17:30)


- Sandra Vázquez Rouco (Básico 1 e Básico 2):

Martes (19:00-19:15), xoves (18:00-18:30) e venres (19:00-19:15)


- María Martínez García (Intermedio 1):

Martes (18:30-19:00) e venres (18:30-19:00)


- M. del Carmen Rodríguez Amado (Intermedio 2):

Martes (18:30-19:15) e venres (18:30-18-45)


- Ana González Barreiro (Básico 1 e Avanzado 2)

Luns (21:30-21:45), martes (19:45-20:00), mércores (20:45-21:00) e xoves (19:45-20:00).


martes, 11 de octubre de 2011

Ausencia de profesorado

Comunicámosvos que o vindeiro venres, 14 de outubro, non haberá clase de Intermedio 2 (Inglés) ó non poder asistir ás clases a profesora.

lunes, 10 de octubre de 2011

Cambio de grupo

Todo aquel alumnado que precise cambiarse de grupo ten que realizar obrigatoriamente a correspondente solicitude na Xefatura de Estudos. Darase preferencia ás solicitudes de cambio de grupo xustificadas documentalmente por orde de chegada, sempre tendo en conta a existencia de prazas no grupo ó que se quere cambiar.

Período de solicitude de cambio de grupo: do 17 ó 21 de outubro.
Resolución das solicitudes de cambio de grupo: 26 de outubro.

O horario de atención da Xefatura de Estudos é o seguinte:

- Luns de 18:30 a 19:30
- Martes de 21:30 a 22:00
- Xoves de 16:30 a 17:30
- Venres de 17:30 a 18:30

domingo, 9 de octubre de 2011

Reanúdanse as clases de Básico 1 e Avanzado 1 (Inglés)

O luns, 10 de outubro, reanúdanse as clases de inglés de Básico 1 (grupo dos luns, mércores e xoves de 18:30 a 20:00 e grupo dos martes, mércores e venres de 17:00 a 18:30) e Avanzado 1 (os dous grupos). O profesor Antonio José Monteserín García substituirá a Beatriz Varela.

jueves, 6 de octubre de 2011

Básico 1 de Inglés (18:30 a 20:00)

Recordámosvos que os dous grupos de Básico 1 (Inglés) de 18:30 a 20:00 fusionáronse nun só dende o comezo de curso. Este grupo ten clase na aula 11 (1º andar) coa profesora Beatriz Varela. Seguide atentos a este blog para comprobar cándo podemos reanudar as clases.

miércoles, 5 de octubre de 2011

Ausencia de profesorado

Comunicámosvos que mañá xoves a profesora Adelaida Urceira (Francés) non poderá asistir á clase de Básico 1 (18:30-20:00).

lunes, 3 de octubre de 2011

Reanúdanse as clases de Intermedio 2

Mañá martes reanúdanse as clases de Intermedio 2 coa profesora María del Carmen Rodríguez Amado, que substituirá a Eva Álvarez. Por cuestións organizativas, as clases reanudaranse na aula 20 (1º andar).

domingo, 2 de octubre de 2011

Cambio de aula para as clases de Avanzado 2

Informámosvos de que, por cuestións organizativas, as clases de Avanzado 2 terán lugar a partir de agora na aula 10 (primeiro andar).

Horarios Avanzado 1 e 2

Lembrámosvos os seguintes cambios nos horarios dos grupos de Avanzado:

- Avanzado 1 (grupo 2): martes e venres de 18:30 a 20:45.
- Avanzado 2 (grupo 1): mércores e venres de 18:30 a 20:45
- Avanzado 2 (grupo 2): luns, martes e xoves de 20:00 a 21:30.