jueves, 22 de diciembre de 2011

Grazas por nos acompañar!

Queremos darvos as grazas a todos os que vos animastes a nos acompañar na nosa festa de Nadal, tanto no noso concurso de cociña coma no Pub Quiz.

Desde este blog agradecemos ó local Salason a súa colaboración en todo momento para que todos nós pasaramos un moi bo rato!

Felices Festas a todos.

sábado, 17 de diciembre de 2011

Festa de Nadal

O vindeiro mércores, 21 de decembro, contamos con todos vós para a nosa Festa de Nadal:

- 16:30: Concurso de cociña na sala de usos múltiples do IES de Rodeira
- 18:30: Pub Quiz no SalaSon (Rúa do Lirio, 30. Cangas)

Esperamos vervos a todos alí!

jueves, 15 de diciembre de 2011

Viaxe cultural

Á volta das vacacións de Nadal convocarase unha reunión informativa sobre a viaxe cultural deste curso destinada ó alumnado interesado en participar na dita viaxe.

Indicaremos a data e hora concretas para a reunión neste blog e no taboleiro da entrada do instituto.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Ausencia de profesorado

O vindeiro xoves, día 15 de decembro, non haberá clase de Inglés de Avanzado 1 e Básico 1 (grupo das 18:30-20:00) ó non poder asistir ás clases o profesor.

martes, 22 de noviembre de 2011

Reunión da Xunta de Delegados

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA AS PERSOAS DELEGADAS DE GRUPO

A Xefatura de Estudos da EOI de Vigo convócavos ás persoas delegadas de cada grupo á primeira reunión da XUNTA DE DELEGADOS.

Data: 1 de decembro de 2011 ás 20:00 horas

Lugar: Aula Magna da EOI de Vigo (Martínez Garrido, 17)

Orde do día: Elección do/a presidente/a da Xunta de Delegados.

jueves, 10 de noviembre de 2011

Horario da biblioteca

Recordade que tedes o horario do servizo de préstamo da biblioteca publicado neste blog e no taboleiro do centro. Por favor, procurade non ir no último momento para evitar que o profesorado encargado teña que chegar tarde ás clases de xeito sistemático.

Ausencia de profesorado

Recordade que mañá venres non haberá clase de Intermedio 1 (Inglés).

viernes, 4 de noviembre de 2011

Ausencia de profesorado

Hoxe non haberá clase de Avanzado 1 nin de Básico 1 (grupo das 17:30) ó non poder asistir ás clases o profesor.

viernes, 28 de octubre de 2011

Servizo de préstamo da biblioteca

O próximo luns 7 de novembro comeza o servizo de préstamo da biblioteca. O horario do dito servizo é o seguinte:


- Martes: 16:05-16:55 e 18:35-18:55
- Mércores: 16:35-16:55
- Xoves: 17:35-18:25
- Venres: 16:35-16:55 e 18:35-18:55

miércoles, 26 de octubre de 2011

Ponte de Todos os Santos

Recordámosvos que os seguintes días non haberá clase na Escola Oficial de Idiomas:

- 31 de outubro: Día do Ensino (día non lectivo)
- 1 de novembro: Día de Todos os Santos (día festivo)

Resolución dos cambios de grupo

O alumnado que solicitou cambio de grupo pode consultar a listaxe dos cambios concedidos a partir das 18:00 horas desta tarde no taboleiro da EOI do IES de Rodeira.

martes, 25 de octubre de 2011

Aviso importante da Xefatura de Estudos


Recórdase ó alumnado que pola Orde do 5 de agosto de 2011, mediante a que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, o horario de dedicación á Xefatura de Estudos queda reducido a partir do presente curso académico a 4,5 horas semanais (das que 3,5 serán de atención ó alumnado), a diferenza das 9 horas das que as xefaturas das seccións das escolas de idiomas dispoñían ata o curso pasado. Xa que logo, recórdase a importancia de respectar o horario de atención (segundo figura na porta do despacho e nunha entrada anterior deste mesmo blog) para que dende a Xefatura se poida prestar unha atención adecuada ó alumnado.

lunes, 24 de octubre de 2011

Solicitude de adaptación de probas

Recordámosvos que o alumnado con necesidades especiais pode solicitar a adaptación de probas. Pedídelle ó voso profesor a solicitude correspondente, que teredes que devolverlle debidamente cumprimentada xunto co correspondente documento xustificativo. O prazo para a presentación de solicitudes remata este mes de outubro.

martes, 18 de octubre de 2011

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 18 de outubro, non haberá clases de Francés ó non poder asistir ás clases a profesora.

Ausencia de profesorado

Hoxe martes, 18 de outubro, non haberá clase de Inglés dos niveis Básico 2 e Básico 1 (grupo dos luns, mércores e xoves de 20:00 a 21:30), pois a profesora Sandra Vázquez non poderá asistir ás clases.

viernes, 14 de octubre de 2011

Horario de atención da Xefatura de Estudos

O horario de atención da Xefatura de Estudos para este curso académico é o seguinte:

- Luns (18:30-19:30)
- Martes (21:30-22:00)
- Xoves (16:30-17:30)
- Venres (17:30-18:30)

Titorías

Lembrámosvos os horarios das titorías do profesorado:

FRANCÉS

- Adelaida Urceira Garrido:

Luns (21:30-21:45), martes (16:45-17:00 e 19:00-19:15), xoves (18:15-18:30)


INGLÉS

- Antonio J. Monteserín García (Básico 1 e Avanzado 1):

Martes (16:30-17:00) e xoves (17:00-17:30)


- Sandra Vázquez Rouco (Básico 1 e Básico 2):

Martes (19:00-19:15), xoves (18:00-18:30) e venres (19:00-19:15)


- María Martínez García (Intermedio 1):

Martes (18:30-19:00) e venres (18:30-19:00)


- M. del Carmen Rodríguez Amado (Intermedio 2):

Martes (18:30-19:15) e venres (18:30-18-45)


- Ana González Barreiro (Básico 1 e Avanzado 2)

Luns (21:30-21:45), martes (19:45-20:00), mércores (20:45-21:00) e xoves (19:45-20:00).


martes, 11 de octubre de 2011

Ausencia de profesorado

Comunicámosvos que o vindeiro venres, 14 de outubro, non haberá clase de Intermedio 2 (Inglés) ó non poder asistir ás clases a profesora.

lunes, 10 de octubre de 2011

Cambio de grupo

Todo aquel alumnado que precise cambiarse de grupo ten que realizar obrigatoriamente a correspondente solicitude na Xefatura de Estudos. Darase preferencia ás solicitudes de cambio de grupo xustificadas documentalmente por orde de chegada, sempre tendo en conta a existencia de prazas no grupo ó que se quere cambiar.

Período de solicitude de cambio de grupo: do 17 ó 21 de outubro.
Resolución das solicitudes de cambio de grupo: 26 de outubro.

O horario de atención da Xefatura de Estudos é o seguinte:

- Luns de 18:30 a 19:30
- Martes de 21:30 a 22:00
- Xoves de 16:30 a 17:30
- Venres de 17:30 a 18:30

domingo, 9 de octubre de 2011

Reanúdanse as clases de Básico 1 e Avanzado 1 (Inglés)

O luns, 10 de outubro, reanúdanse as clases de inglés de Básico 1 (grupo dos luns, mércores e xoves de 18:30 a 20:00 e grupo dos martes, mércores e venres de 17:00 a 18:30) e Avanzado 1 (os dous grupos). O profesor Antonio José Monteserín García substituirá a Beatriz Varela.

jueves, 6 de octubre de 2011

Básico 1 de Inglés (18:30 a 20:00)

Recordámosvos que os dous grupos de Básico 1 (Inglés) de 18:30 a 20:00 fusionáronse nun só dende o comezo de curso. Este grupo ten clase na aula 11 (1º andar) coa profesora Beatriz Varela. Seguide atentos a este blog para comprobar cándo podemos reanudar as clases.

miércoles, 5 de octubre de 2011

Ausencia de profesorado

Comunicámosvos que mañá xoves a profesora Adelaida Urceira (Francés) non poderá asistir á clase de Básico 1 (18:30-20:00).

lunes, 3 de octubre de 2011

Reanúdanse as clases de Intermedio 2

Mañá martes reanúdanse as clases de Intermedio 2 coa profesora María del Carmen Rodríguez Amado, que substituirá a Eva Álvarez. Por cuestións organizativas, as clases reanudaranse na aula 20 (1º andar).

domingo, 2 de octubre de 2011

Cambio de aula para as clases de Avanzado 2

Informámosvos de que, por cuestións organizativas, as clases de Avanzado 2 terán lugar a partir de agora na aula 10 (primeiro andar).

Horarios Avanzado 1 e 2

Lembrámosvos os seguintes cambios nos horarios dos grupos de Avanzado:

- Avanzado 1 (grupo 2): martes e venres de 18:30 a 20:45.
- Avanzado 2 (grupo 1): mércores e venres de 18:30 a 20:45
- Avanzado 2 (grupo 2): luns, martes e xoves de 20:00 a 21:30.

viernes, 30 de septiembre de 2011

Ausencia de profesorado

Suspéndense ata novo aviso as clases de Avanzado 1 e Básico 1 (profesora Beatriz Varela). Comunicaremos a través deste blog o reinicio das clases.

martes, 27 de septiembre de 2011

Ausencia de profesorado

Suspéndense ata novo aviso as clases de Intermedio 2 (Inglés). Comunicaremos a través deste blog o reinicio das clases.

lunes, 26 de septiembre de 2011

Xornada de folga

Comunicámosvos que mañá, 27 de setembro, non haberá clases de Francés (de ningún curso) nin de Intermedio 2 do idioma Inglés.

Ausencia de profesorado

Comunicámosvos que hoxe, 26 de setembro, a profesora Eva Álvarez (Intermedio 2) non poderá asistir ás clases.

viernes, 23 de septiembre de 2011

Adxudicación de prazas vacantes

Lembrade que os vindeiros días 26 e 27 de setembro adxudicaranse as prazas vacantes segundo se indica:

- 26 de setembro: adxudicaranse as prazas vacantes por orde de chegada a aquelas persoas que fixeron a inscripción pero non formalizaron a matrícula.

- 27 de setembro: adxudicaranse todas as prazas vacantes de todos os cursos e todos os idiomas a calquera persoa que desexe cursar estudos na EOI.


Recordade que as vacantes adxudicaranse por orde de chegada á Escola Oficial de Idiomas de Vigo (Martínez Garrido, 17) a partir das 8.30 horas da mañá.

jueves, 22 de septiembre de 2011

Recordatorio comezo das clases

Recordade que, tal como se indica na páxina web da EOI de Vigo, cada grupo terá as presentacións respectando os días da semana que teña clase segundo o seu horario.

martes, 20 de septiembre de 2011

Comezo das clases do idioma francés

Mañá mércores non haberá clases de francés por mor da xornada de folga. Xa que logo, o inicio das ditas clases retrásase ó xoves día 22.

lunes, 19 de septiembre de 2011

Comezo das clases

Lembrade que esta semana comezan as clases na EOI. Pinchade aquí para consultar as datas de inicio concretas para cada curso.

miércoles, 22 de junio de 2011

Matrícula para o curso 2011-2012

Xa está disponible a información sobre a matrícula para o curso que vén.
Pinchade aquí para vela.

martes, 14 de junio de 2011

Data Exame Certificación de Inglés Básico

O exame de certificación de nivel básico de inglés terá lugar o VENRES 17 de XUÑO. Por erro aparecía nos carteis o luns 17 de Xuño. Insistimos, a data do exame é VENRES 17 de XUÑO.

jueves, 9 de junio de 2011

Notas en Centrosnet

Lembrámosvos que o alumnado de cursos non terminais (Básico 1, Intermedio 1 e Avanzado 1) poderá consultar as súas notas en centros-net dende o luns 13 ás 14h00 (a hora real de acceso podería ter un pequeno retraso polo servidor).

Lembrade tamén que para acceder a Centrosnet o usuario é o voso número de expediente e o contrasinal é o voso número de DNI sen a letra.

miércoles, 8 de junio de 2011

Recollida de sinaturas

Por iniciativa dun grupo de alumnos estase levando a cabo unha recollida de sinaturas para que os alumnos da EOI en Cangas poidan tramitar a matrícula no IES de Rodeira e non teñan que desplazarse a Vigo. Anímadevos a participar e pedide o formulario á vosa profesora ou ós conserxes.

martes, 31 de mayo de 2011

Cambios na proba de certificación

Houbo un cambio nas aulas asignadas para a proba escrita de Certificación de Inglés de nivel Intermedio.

O tribunal 4 fará o exame na aula 10, en vez de na sala de usos múltiples.


miércoles, 25 de mayo de 2011

Probas de clasificación

As probas de clasificación en Cangas serán nas seguintes datas:

Inglés

Proba escrita: Día 15 de xuño ás 16:00.

Proba oral: Día 16 de xuño ás 16:00.


Francés

Proba escrita: Día 16 de xuño ás 16:00.

Proba oral: Día 16 de xuño ás 18:30.

martes, 24 de mayo de 2011

Probas de certificación

Consultade aquí as datas, aulas e tribunais das probas de certificación en Cangas.

jueves, 14 de abril de 2011

Semana Santa

Recordade que non haberá clase nin o venres 15 nin o luns 25 de abril. As clases reiniciaranse o martes 26 de abril.

miércoles, 13 de abril de 2011

Probas de clasificación

A matrícula para as probas de clasificación realízase na EOI de Vigo entre o 8 de maio e o 18 de xuño.

Datas e horas das probas escritas

Alemán

14 de xuño

16:00

Chinés

14 de xuño

10:00

Español para estranxeiros

13 de xuño

10:00

Francés

16 de xuño

16:00

Galego

16 de xuño

10:00

Inglés

15 de xuño

16:00

Italiano

15 de xuño

10:00

Portugués

13 de xuño

16:00

Xaponés

13 de xuño

10:00


As probas de expresión oral serán fixadas por cada EOI.

Podedes atopar aquí máis información sobre estas probas.

martes, 5 de abril de 2011

Probas de certificación

Podedes consultar aquí toda a información relativa ás probas de certificación (Niveles Básico 2, Intermedio 2 e Avanzado 2)

lunes, 4 de abril de 2011

Ausencia de profesorado

A profesora Conchi Janeiro reincorporarase o martes día 5 ás clases de básico 2 e Intermedio 1 de inglés.

jueves, 24 de marzo de 2011

Ausencia de profesorado

A profesora Conchi Janeiro (Básico 2 e Intermedio 1) non poderá asisitir a clase ata o martes 29.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Ausencia de profesorado

A profesora Adelaida Urceira (Francés) non asisitirá a clase o luns día 28 de Marzo.

martes, 15 de marzo de 2011

Cursiño de primeiros auxilios

Cardio-pulmonar resuscitation (First Aid)
Friday 8th April, 7.45 pm. Aula de usos múltiples.

Resucitación cardio-pulmonar (primeiros auxilios)
Venres 8 de Abril ás 19:45 na aula de usos múltiples.

viernes, 4 de marzo de 2011

Entroido

Recordamos que os días 7, 8 e 9 son non lectivos no calendario escolar e, polo tanto, non haberá clase.

Ausencia de profesorado

A profesora María Martínez (Intermedio 1) non asisitirá a clase hoxe venres.

miércoles, 23 de febrero de 2011

Viaxe a Londres

Os que vaiades viaxar a Londres debedes mandar un mail a Vigo.Regueiro7.JO@viajesiberia.com ou chamar por teléfono ó 986 493430 para facilitar os seguintes datos:

NOME

APELIDOS:

DNI ou PASAPORTE:

DATA CADUCIDADE DNI/PASAPORTE:

NACIONALIDADE:

DATA NACEMENTO:

Axiña teredes que pagar o resto da viaxe, polo que debedes estar atentos ó mail. Unha vez estea todo pagado faremos unha reunión informativa para aclarar todas as dúbidas e presentar o programa de visitas culturais.

Se alguén está apuntado para a viaxe e aínda non enviou mail a eoicangaslondon2011@gmail.com, que o faga para poder mandarlle toda a información en caso de que non poda asisitir á reunión.

viernes, 28 de enero de 2011

Viaxe a Londres

Quedan plazas libres para Londres. Se alguén máis vai pagar que fale antes con Xero (xefe de estudos).

miércoles, 26 de enero de 2011

Ausencia do profesorado

O profesor Jerónimo Hernández (Avanzado 1) non asistirá a clase mañá xoves.

Clases de conversación en inglés

A nosa auxiliar de conversa Alley está disponible para clases privadas de conversación nos seguintes horarios:
Luns: todo o día excepto de 17:00 a 18:00
Martes e mércores: antes das 18:00
Xoves: antes das 17:00
Venres: despois das 16:00

Mandádelle un correo a alley.stonestreet@gmail.com se vos interesa.

lunes, 24 de enero de 2011

Ausencia de profesorado

A profesora Ana González (Básico 1 e Avanzado 2) non asisitirá a clase hoxe luns.

jueves, 20 de enero de 2011

Viaxe a Londres

Aínda quedan plazas para a viaxe a Londres. Tedes de plazo ata o 31 de Xaneiro para facer o ingreso do depósito. Mandade un correo electrónico a eoicangaslondon2011@gmail.com para recibir máis información.

miércoles, 19 de enero de 2011

2º prazo da matrícula

Lembrade que tedes ata o día 31 de xaneiro para realizar o pagamento do segundo prazo da matrícula.

Podedes recoller e deixar os impresos en xefatura.

miércoles, 12 de enero de 2011

Viaxe a Londres

Ata o venres podede pagar o depósito para a viaxe a Londres.
Se necesitades información escribide a eoicangaslondon2011@gmail.com.