sábado, 22 de diciembre de 2012

Grazas por vir ó noso Pub Quiz!

Queremos darvos as grazas a todos os que participastes no noso Pub Quiz por nos acompañar nesta actividade para celebrar a chegada do Nadal.

Os profesores da Sección de Cangas da EOI de Vigo queremos agradecer sinceramente a Fernando e a todo o seu equipo do Hotel Airiños o apoio prestado, a súa excelente organización do evento e o exquisito trato que en todo momento nos brindaron a todos os participantes.

Bo Nadal!
Joyeux Noël!
Merry Christmas!

Vacacións de Nadal

Recordade que as clases reanudaranse despois das vacacións de Nadal o martes 8 de xaneiro.

martes, 18 de diciembre de 2012

Recadación mercadillo solidario

Grazas á vosa colaboración recadamos a través do noso mercadillo solidario 141 euros. Sumados ós 91 euros recadados na sección de Redondela e ós 3004 euros recadados na sede central da EOI de Vigo, suman un total de 3 236 euros cos que se mercaron 3 386 kilos de alimentos, que xa foron entregados ó Banco de Alimentos de Vigo.





O profesorado da sección de Cangas da EOI de Vigo queremos agradecervos a vosa colaboración nesta iniciativa.

Merci beaucoup! / Thank you so much!

jueves, 13 de diciembre de 2012

Pub Quiz de Nadal


Animádevos a participar no noso tradicional Pub Quiz para celebrar a chegada do Nadal!

Podedes atopar no corcho da EOI do IES de Rodeira as táboas para vos apuntar. Os grupos serán de 10 personas como máximo, e cada un deles debe incluir alumnado de Básico, Intermedio, Avanzado e Francés.

O Pub Quiz terá lugar o vindeiro 21 de decembro no Hotel Airiños ás 18:00 h.
Recordade que o alumnado menor que queirades participar debedes entregar ó voso profesor a solicitude cuberta e firmada polo voso pai, nai ou persoa titora (o 20 de decembro como data límite).

Haberá agasallos para os grupos gañadores e varios agasallos sorpresa para os participantes...

lunes, 3 de diciembre de 2012

Mercadillo solidario para o Banco de Alimentos

Ata o venres 14 de decembro podedes colaborar co noso Mercadillo Solidario a favor das persoas necesitadas da nosa comarca a través do Banco de Alimentos de Vigo.

Podedes axudarnos de dous xeitos:

- Traendo libros, revistas, CDs e artigos similares que xa non desexedes conservar.
- "Adquirindo" algún destes artigos a cambio dunha doazón simbólica de 2 euros/artigo.

Atoparedes o noso mercadillo solidario na planta baixa do IES de Rodeira, no oco das escaleiras, ó lado da cafetería.

Grazas pola vosa colaboración!

Ausencia de profesorado

Hoxe luns 3 de decembro non haberá clase de Intermedio 1 (Inglés) coa profesora María Martínez.