jueves, 28 de septiembre de 2017

Prazas vacantes

Recordade que dende o día 28 se adxudicarán na sede central da escola (Martínez Garrido, 17; Vigo), as prazas vacantes nos diferentes idiomas e cursos. Consultade toda a información na web da escola: www.eoidevigo.org. 

miércoles, 20 de septiembre de 2017

A xornada de portas abertas da sección de Cangas na prensa local

Podedes coñecer todos os detalles sobre a nosa xornada de portas abertas do vindeiro luns 25 de setembro a través do artigo publicado hoxe no Faro deVigo (edición Morrazo).

Premede aquí para acceder.

Agardámosvos!

lunes, 18 de septiembre de 2017

Xornada de portas abertas na sección de Cangas

Queres aprender inglés e/ou francés? Invitámosvos a unha xornada de portas abertas para que coñezades a nosa escola e observedes unha clase de demostración.

Agradecémosvos que vos apuntedes mediante o seguinte enlace para poder ter unha previsión de asistentes:


Agardámosvos!

Poderedes matricularvos os días 28 e 29 de setembro, na sede central da EOI de Vigo (C/Martínez Garrido, 17). Durante as primeiras semanas do mes de outubro tamén será posible matricularse sempre que exista vacante no grupo desexado. 

jueves, 14 de septiembre de 2017