martes, 28 de noviembre de 2017

II Recollida de alimentos e xoguetes para o Comedor Social

Un ano máis, temos o pracer de vos invitar a colaborar nesta iniciativa a favor do comedor social de Cangas.



viernes, 17 de noviembre de 2017

Viaxe ao Xapón 2018

Está aberto o prazo de inscrición para a viaxe ao Xapón organizada pola EOI de Vigo. Podedes consutlar aquí as normas para apuntarse á viaxe.


II Semana Cultural Xaponesa na EOI de Vigo

Podedes consultar aquí toda a información sobre a II Semana Cultural Xaponesa (programa de actividades e concurso de cosplay).

miércoles, 8 de noviembre de 2017

Bolsas "Concello de Vigo" para estadías lingüísticas no estranxeiro


"Foron convocadas as Bolsas do Concello de Vigo para estudantes da EOI do ano 2018. O prazo de presentación de solicitudes no rexistro do Concello será dende o próximo luns día 6 de novembro de 2017 ata o venres día 17 de novembro de 2017 inclusive.


As bolsas destínanse a alumnado da EOI e das súas seccións, matriculado no curso 2017-2018 nos niveis Intermedio, Avanzado e C1 dos idiomas especificados na convocatoria  (soamente Avanzado e C1 no caso do portugués), que:

  • estea empadroado no Concello de Vigo con vixencia mínima de 1/1/2017;
  • teña aprobados dous cursos oficiais presenciais na EOI de Vigo nos últimos 5 anos no idioma no que solicita a bolsa (é necesario solicitar na secretaria da EOI un certificado específico para a solicitude das bolsas).

As bases da convocatoria dan preferencia aos mellores expedientes pero tamén ás persoas con baixos ingresos, en situación de desemprego ou membros de familias numerosas ou monoparentais.


As bolsas destínanse á realización dunha estancia lingüística no estranxeiro de dúas semanas de duración no país da língua estudada, nas datas que a persoa beneficiaria escolla (antes de setembro de 2018). As persoas bolseiras poden contratar a viaxe e o curso que cumpra cos requisitos da convocatoria pola súa conta ou coa empresa que libremente escollan, pero dende a EOI se facilitará que dispoñan de ofertas axeitadas de diversas empresas.



O número de bolsas e as contías por idiomas e destinos son os seguintes:

  • Inglés (Londres): 66 bolsas de 1.700 €
  • Francés (París): 10 bolsas de 2.000 €
  • Alemán (Berlín): 5 bolsas de 1.720 €
  • Italiano (Roma): 4 bolsas de 1.700 €
  • Portugués (Lisboa): 3 bolsas de 1.605 €
  • Xaponés (Xapón): 2 bolsas de 2.000 €
  • Chinés (China): 2 bolsas de 1.800 €

Unha diferenza importante coa convocatoria de anos anteriores é que na convocatoria do ano 2018 o Concello non realizará ningún pagamento anticipado: a bolsa será sempre pagada polo Concello despois de realizada a estadía lingüística e presentadas as facturas e documentación xustificativa. No entanto, algunhas empresas acostuman incluír nas súas ofertas algún sistema de pagamento aprazado.


Toda a información sobre as bolsas está dispoñíbel na web da EOI de Vigo (www.eoidevigo.org) e na web do Concello (https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=2780&lang=ga). Se precisaren de información ou axuda adicional, poden dirixirse tanto ao director como á vicedirectora da EOI de Vigo."