martes, 25 de octubre de 2011

Aviso importante da Xefatura de Estudos


Recórdase ó alumnado que pola Orde do 5 de agosto de 2011, mediante a que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, o horario de dedicación á Xefatura de Estudos queda reducido a partir do presente curso académico a 4,5 horas semanais (das que 3,5 serán de atención ó alumnado), a diferenza das 9 horas das que as xefaturas das seccións das escolas de idiomas dispoñían ata o curso pasado. Xa que logo, recórdase a importancia de respectar o horario de atención (segundo figura na porta do despacho e nunha entrada anterior deste mesmo blog) para que dende a Xefatura se poida prestar unha atención adecuada ó alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario