martes, 17 de febrero de 2009

Exposición e Conferencia sobre Namibia

O venres, 27 de Febreiro, ás 17.00, Christina Cameselle dará unha conferencia en Inglés sobre a situación actual en Namibia (todo acompañado dunha exposición fotográfica). É unha boa oporrtunidade de escoitar Inglés real. O alumnado de Inglés que teña clase ese día e a esa hora, asistirá á conferencia, e o profesorado propoñerá unhas actividades relacionadas coa conferencia. Por suposto, asistide tamén os de outras horas e días se podedes, porque as actividades propostas daránse a todo aquel que asistira. Recomendamos asistencia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario