miércoles, 9 de diciembre de 2009

Viaxe a Londres

Queremos organizar unha viaxe a Londres do 17 ó 21 de Marzo, ¿apúntaste?

O prezo rondará os 370€ * e inclúe:

• Traslado Cangas – Oporto e Oporto – Cangas en autobús.
• Vo directo de ida e volta Oporto- Londres.
• Traslado ó hotel.
• Aloxamento en hotel de 3 estrelas con almorzo.
• Seguro de viaxe.

Unha vez alí visitaremos os sitios máis típicos e disfrutaremos da vida e a cultura da cidade máis exciting do Reino Unido.

Se tes esas datas libres… non o dubides. ¡Apúntate xa! Canto antes reservemos máis barato será… Consulta o tablón da EOI (a carón das escaleiras).


* O prezo poderá variar dependendo de cando collamos os billetes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario