lunes, 18 de abril de 2016

Recollida solidaria a favor da Asociación Protectora de Animais do Morrazo

Recollida solidaria a favor da Protectora de Animais do Morrazo

A nosa iniciativa...


Dende a Sección de Cangas da EOI de Vigo queremos levar a cabo unha iniciativa solidaria a favor da Protectora de Animais do Morrazo. 

Por qué colaborar?

Moitos de nós xa colaboramos a nivel individual con esta asociación que, sen pedir nada a cambio, proporciona acubillo, protección e atención sanitaria a un número moi elevado de cans abandonados. E, se ben calquera axuda supón un grande alivio, non é dabondo en proporción ás súas necesidades. 

Por iso nos gustaría animarvos a que nos botedes unha man nesta iniciativa coa que queremos levar a cabo unha recollida solidaria de artigos de primeira necesidade, en especial:

- penso
- material de curas: vendas, gasas, auga oxixenada, betadine, luvas de látex, etc.
- coiares e correas, etc. 


Cómo podo colaborar?

A partir de hoxe, luns 18 de abril, atoparedes unha caixa ó carón da subida das escaleiras, no IES de Rodeira. Nela podedes deixar a vosa aportación (no caso de penso, por favor deixade bolsas ben pechadas). Ó final de cada día iremos recollendo o que se donase ó longo da xornada, por cuestións de organización no centro. 

Ó remate desta campaña, entregaremos directamente á protectora todo o que se recade. 


MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario