lunes, 16 de septiembre de 2013

Prazos especiais de matrícula

Unha vez rematados, o día 25 de setembro, os prazos de matrícula on line, todas as prazas serán adxudicadas desde a secretaria do centro por orde de chegada.

  • O día 27 de setembro publicaranse as vacantes nos taboleiros e na páxina web da Escola.
  • O día 30 de setembro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas agás inglés para aqueles alumnos que fixeron preinscrición e non obtiveron praza ou non formalizaron a matrícula no seu prazo.
  • O día 1 de outubro adxudicaranse as vacantes de todos os idiomas agás inglés. Non é necesario ter feita a preinscrición.
  • O día 2 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés para aqueles alumnos que fixeron preinscrición e non obtiveron praza ou non formalizaron a matrícula no seu prazo.
  • O día 3 de outubro adxudicaranse as vacantes de inglés. Non é necesario ter feita a preinscrición.
  • Ata o 15 de outubro continuaranse adxudicando todas as prazas vacantes. 
 Nota: Na adxudicación dos días 30 de setembro e 2 de outubro é imprescindible traer o resgardo da preinscrición ou o resgardo de notas do curso anterior. Nas demais adxudicacións non se necesita traer ningunha documentación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario