lunes, 18 de marzo de 2019

AVISO MOI IMPORTANT E

O alumnado afectado pola implantación do novo plan de estudos neste curso académico que non tivo oportunidade de certificar o nivel inmediatamente inferior ó que está a cursar na actualidade, debe obrigatoriamente realizar o trámite de matrícula libre para poder presentarse ás probas.

Segundo a Circular 1/2019, que regula a matrícula libre (publicada na web da EOI de Vigo):



É dicir, a matrícula libre con taxas gratuítas e dobre convocatoria (xuño e setembro), é de aplicación unicamente para:
  • o alumnado que cursou o ano pasado Intermedio 1 e este ano cursa B2.1
  • o alumnado que cursou o ano pasado Avanzado 1 e este ano cursa C1.1
O alumnado que o ano pasado cursou un curso 2, de certificación, e non o superou, se se desexa presentar ás probas do mesmo nivel este ano, debe formalizar unha matrícula libre ordinaria (aboando as taxas e presentándose en convocatoria única no mes de xuño).

O horario de atención ó público da Xefatura de Estudos está dispoñible para calquera consulta, ó igual que o noso enderezo electrónico: eoi.vigo.cangas@edu.xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario