sábado, 29 de noviembre de 2014

Mercadillo solidario 2014

A partir do luns, 1 de decembro, poderedes facer a vosa contribución para o mercadillo solidario deste ano. Nesta ocasión, os fondos que se recaden destinaranse á campaña contra o ébola de Médicos sen Fronteiras.

Podedes deixar as vosas contribucións na conserxería do IES de Rodeira, principalmente libros, pero tamén calquera outra aportación que consideredes acorde co prezo simbólico fixado de 3 euros. O mercadillo montarémolo ó longo desta primeira semana de decembro.

O profesorado da sección de Cangas da EOI de Vigo agradecémosvos moito a vosa colaboración.


No hay comentarios:

Publicar un comentario