jueves, 18 de diciembre de 2014

Mensaxería instantánea

Recordade que a EOI de Vigo dispón dun servizo de mensaxería instantánea chamado TOKAPP SCHOOL para comunicacións co alumnado.

Descargue a aplicación Tokapp School gratuitamente ao seu teléfono smartphone.
  
Unha vez descargada recibirá unha mensaxe no seu móbil. No caso de non recibilio debe poñerse en contacto coa secretaría da EOI a través do correo electrónico eoi.vigo.tokappschool@gmail.com, chamando ao teléfono 986260261 / 986260210 ou ben achegándose á administración en horario de oficina. Deben indicarnos o seu nome, o nome de usuario de tokapp e o número de teléfono móbil onde descargaron a aplicación. 
Importante: as comunicacións serán enviadas ao número de móbil que vostede proporcionou ao facer a matrícula na EOI de Vigo. Se ten dúbidas, chame á secretaría.
Solicitamos a colaboración do alumnado divulgando esta mensaxe entre o resto de compañeiros/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario