miércoles, 4 de diciembre de 2013

Mercadillo Solidario a favor do Banco de Alimentos

Un ano máis, na sección de Cangas queremos axudar na recadación que a EOI de Vigo leva a cabo cada ano nestas datas a favor do Banco de Alimentos.

O ano pasado recadáronse 141 euros na nosa sección, que, unidos ós recadados na central e seccións, sumaron un total de 3 236 euros cos que se mercaron 3 386 kilos de alimentos, que se entregaron ó Banco de Alimentos. Podedes consultar esta información na seguinte entrada: http://eoiextensionmorrasso.blogspot.com.es/2012/12/recadacion-mercadillo-solidario.html

Podedes axudarnos de dous xeitos:

- Traendo libros, revistas, CDs e artigos similares que xa non desexedes conservar.
- "Adquirindo" algún destes artigos a cambio dunha doazón simbólica de 2 euros/artigo.

Atoparedes o noso mercadillo solidario na planta baixa do IES de Rodeira, no oco das escaleiras, ó lado da cafetería.

Grazas pola vosa colaboración!

No hay comentarios:

Publicar un comentario